Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CEMI UDC-Navantia xa conta con máis dun centenar de investigadores dando forma ao estaleiro do futuro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CEMI UDC-Navantia xa conta con máis dun centenar de investigadores dando forma ao estaleiro do futuro

S. P.
Publicado: 27/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

investigadores_cemi_udc_navantia.jpgO Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia segue a reunir talento e experiencia. Segundo explica a Universidade da Coruña, o equipo involucrado no programa supera as 100 persoas, 52 da institución educativa e 47 da compañía pública Navantia, ás que habería que engadir outras que se integran nos grupos de traballo a través das subcontratacións necesarias para determinados proxectos. O reto da CEMI é intensificar a hibridación e a interdisciplinariedade dos equipos de traballo, dando continuidade aos logros da súa antecesora, a Unidade Mixa de Investigación (UMI) UDC-Navantia, en materia de colaboración investigadora (o traballo do persoal da UDC e da empresa).
A UDC asignou aos proxectos do CEMI 28 investigadores que forman parte do seu persoal. Deles, a maioría son doutores e doutoras en Física, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Informática ou Enxeñaría Naval e Oceánica e nove son catedráticos de universidade. “Son perfís cunha longa traxectoria no ámbito tecnolóxico e científico, que suman máis de 800 artigos publicados en revistas científicas e que participaron ou dirixiron máis de 400 proxectos de investigación”, explica a UDC, engadindo que a estes 28 investigadores sénior engádense outras 27 persoas contratadas pola Universidade a tempo completo, con perfís correspondentes a mestrado en enxeñaría, enxeñaría técnica, grao en enxeñaría ou grao ou licenciatura en ciencias aplicadas. Deles, a metade son novas incorporacións e a outra metade continúan en postos creados no marco da anterior UMI.
Pola súa banda, Navantia asignou 47 persoas aos diferentes proxectos de investigación que está a desenvolver o CEMI. Catro delas dedícanlles o 51% da súa xornada de traballo, mentres que o resto destina entre un 5% e un 15% da mesma a tarefas que abranguen diversos ámbitos como o control de calidade, o apoio ao ciclo de vida, a rastrexabilidade, o control estatístico de procesos, inspección ou laboratorio, entre outros.
Os perfís de Navantia corresponden tamén a persoas cunha alta cualificación. Titulados e tituladas en Ciencias Químicas, Enxeñaría Naval e Oceánica, Deseño Industrial, Enxeñaría Técnica Naval, Enxeñaría Técnica Industrial en Electrónica, en Mecánica, Enxeñaría de Camiños, Automática ou Telecomunicacións. No equipo hai tamén un doutor enxeñeiro industrial. En conxunto, o persoal que a empresa pública imputou ao programa do CEMI suma máis de 700 anos de experiencia na compañía pública en áreas de alta especialización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?