Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística pon no Portal da Lingua o disco Ailá de Nadal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística pon no Portal da Lingua o disco Ailá de Nadal

S. P.
Publicado: 28/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

politica_linguistica_nadal_en_rede.jpgO secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a programación da XI edición de Nadal en Rede, o programa cultural autonómico para o impulso do galego durante as ditas festividades e que nesta convocatoria achegará seis propostas de ocio a 41 concellos e entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.
O titular de Política Lingüística, que estivo acompañado dos representantes das compañías artísticas participantes, anunciou ademais que este ano “preséntase por primeira vez un disco con cancións de Nadal en lingua galega da man do grupo Ailá para contribuír a divulgar e dar a coñecer o rico patrimonio galego da tradición oral destas datas”.
O disco, Ailá de Nadal, está composto por oito temas tradicionais cos que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e o grupo folk galego queren animar os comercios e familias a ambientar e celebrar as festas en lingua galega. O disco completo pode escoitarse no Portal da Lingua Galega.
Actividades e 41 concellos
aila_de_nadal_politica_linguistica.jpgEn canto ás actividades, Nadal en Rede ofrece seis propostas distintas que van desde o teatro á música pasando polos monicreques ou as contadas. A primeira cita será o venres 1 de decembro no Centro Cultural Manuel Lamazares, en Rodeiro, co espectáculo teatral A viaxe feliz de Ramón San Fiz, da compañía Fantoches Baj. Baseada no libro Galicia, de Francisco Fernández del Riego, esta peza teatral para público familiar e adulto visitará posteriormente os concellos de Boborás, Moaña, Xermade, Vila de Cruces, Santa Comba, Mondoñedo, Cariño, Fene e Bóveda.
Outras propostas para público infantil e familiar son Palabras, de Baobab Teatro, que a través da música, os xogos e as historias tradicionais chegará da man de Nadal en Rede aos concellos de Padrón, Mos, Sanxenxo, Pobra de Trives, Cee, O Corgo, Monterroso e Baiona; e Os Piñeiriños. Xa é Nadal, que visitará cos seus protagonistas, Fuco e Xela, os concellos de Vigo, A Estrada, Santiso, Vilanova de Arousa, Lalín e Mondariz-Balneario.
Tamén para a cativada e as súas familias son os espectáculos Contos e cantos de Nadal, no que o trío composto por Uxía, Sèrgio Tanus e Santiago Cribeiro interpretará un repertorio propio destas festas en Poio, Cerdedo-Cotobade, Ribeira, Outes, Oímbra, Xinzo de Limia, Covelo e Soutomaior; e Contos de Nadal, no que que a contadora Ángeles Goás invita o público a mergullarse na escoita de historias propias destas festas en Brión, Gondomar, A Fonsagrada, Oroso e San Cristovo de Cea.
As datas concretas dos espectáculos serán dadas a coñecer no Portal da Lingua.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?