Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Intelixencia Artificial como ferramenta de igualdade centrou un congreso da APG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Intelixencia Artificial como ferramenta de igualdade centrou un congreso da APG

S. P.
Publicado: 29/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

congreso_de_medios_de_comunicacion_e_igualdade_de_xenero_apg.jpgEste martes 28 de novembro celebrouse na USC o V Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero, organizado pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG) co apoio da Xunta. O encontro xirou arredor da Intelixencia Artificial e a súa irrupción nos medios, feito que, segundo apuntaron os expertos reunidos no evento, constitúe un desafío para o xornalismo e “un momento histórico”. Participou na inauguración do congreso a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo.
Segundo afirmou Rivo, as intelixencias artificiais “deben ser empregadas de xeito responsable para evitar caer en dinámicas discriminatorias e de desigualdade”. A conselleira defendeu “a permeabilidade da profesión xornalística ante os avances sociais e tecnolóxicos de cada época e agradeceu á APG o seu compromiso cos dereitos das mulleres e a dignificación da profesión xornalística”. E engadiu: “Quero reiterar o papel crucial das comunicadoras e comunicadores na consecución dunha sociedade máis xusta e Igualitaria, e o desenvolvemento dun espírito crítico que permita empregar as intelixencias artificiais con responsabilidade e perspectiva de xénero”.
Na inauguración, amais da presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia, María Méndez, tomou a palabra o reitor da USC, Antonio López, quen abordou a igualdade no acceso á IA e tamén a fenda de xénero nas novas tecnoloxías da información, que é a brecha que deixa fóra da alfabetización dixital (e dos postos de responsabilidade da industria innovadora e dos ámbitos STEM) a unha cantidade importante de mulleres. O reitor da USC dixo que é preciso pór en marcha iniciativas que reduzan esta brecha en sectores con “posibilidades de inserción profesional altísimas” como o da informática, e salientou a oportunidade deste Congreso para “abordar asuntos como as discriminacións que poden xurdir da aplicación da Intelixencia Artificial”.
O V Congreso, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, celebrouse durante esta xornada no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.
Entre os conferenciantes atopábanse Idoia Salazar García, fundadora do Observatorio del Impacto Social e Ético da Intelixencia Artificial OdiseIA; Miren Gutiérrez Almazor, investigadora principal de ARES; Violeta Molina Gallardo, corresponsal de xénero da Axencia EFE e as redactoras especializadas Raquel Holgado e Carolina González Valenzuela.
Tamén participaron Gabriela Bouret e Natalia Louzau, xornalistas de La Nación arxentina. Desde Galicia achegaron as súas visións o responsable de Ciencia de La Voz de Galicia, Raúl Romar García, e a adxunta ao director xeral da CRTVG, Rosa Vilas Núñez.
No transcurso do congreso, a presidenta do Observatorio OdiseIA, Idoia Salazar, sinalou que “un dos grandes inconvenientes da IA é o relativo á discriminación, con problemas de rumbos de xénero ou raza derivados en moitos casos da falta de coidado cos datos de adestramento e dunha confianza excesiva no sistema de Intelixencia Artificial á hora de automatizar a toma de decisións”.
A presidenta de OdiseIA recoñeceu estar convencida de que a IA “pode supoñer unha axuda significativa á hora de analizar as representacións de xéneros nos medios de comunicación e na publicidade, proporcionando datos valiosos que axuden a promover unha representación máis equitativa e diversa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?