Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo adhírese ao Sistema de Alerta Temperá de Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo adhírese ao Sistema de Alerta Temperá de Internet

S. P.
Publicado: 29/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foto_de_arquivo.-_laramendez_accesopublico_wifi.jpgO Concello de Lugo confirmou a semana pasada a súa adhesión ao Sistema de Alerta Temperá de Internet. Fíxoo con vistas a “reforzar a seguridade da administración previndo posibles ciberataques”. O Goberno de Lara Méndez recibiu recentemente a confirmación oficial da integración da Administración local ao SAT-Inet do Equipo de Resposta a Incidentes de Seguridade da Información do Centro Criptolóxigo Nacional (CCN-CERT).
O Sistema de Alerta Temperá de Internet (SAT-Inet) é un sistema desenvolvido polo CCN-CERT e que busca actuar antes de que se produza un incidente de seguridade ou, cando menos, detectalo nun primeiro momento e reducir o seu impacto e alcance. Este sistema permite a detección rápida de incidentes e anomalías dentro dunha administración pública e as empresas de interese estratéxico, e é un dos servizos prestados polo CCN (Centro Criptolóxico Nacional), cuxo obxectivo fundamental é contribuír a mellora da ciberseguridade española.
O Concello de Lugo explicou que “esta é unha das actuacións postas en marcha polo Goberno de Lara Méndez, incluídas no Compoñente 11 (Modernización das Administracións Públicas) do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, promovido polo Executivo central”. Deste xeito, estas actuacións foron financiadas con cargo ás subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das administracións locais e, no caso do Concello de Lugo, supuxo un investimento de 366.500 euros.
Tamén con cargo a esta subvención, financiada ao 100% pola Unión Europea cos fondos NextGenerationEU, despregáronse outras actuacións para a modernización das infraestruturas municipais, como a recente renovación da Rede Wi-Fi Municipal.
Estas actuacións forman parte do plan de modernización das infraestruturas do Concello posto en marcha polo executivo de Lara Méndez. Dende o Consistorio salientan logros como “a renovación de todo o parque informático municipal” ou “a posta en marcha da sede electrónica do Concello e da plataforma de licitación electrónica, que facilita o acceso da cidadanía e empresas aos distintos servizos municipais, e que continuará coa implementación doutras ferramentas (renovación integral da electrónica de rede e comunicacións) e de novas solucións dixitais (renovación da carpeta cidadá)”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?