Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Demoday do Coworking Dixital CCompostela pon o foco nas claves da comunicación efectiva
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Demoday do Coworking Dixital CCompostela pon o foco nas claves da comunicación efectiva

S. P.
Publicado: 29/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornada_demoday_coworking_digital_ccompostela_2.jpgO programa de formación do Coworking Dixital CCompostela, financiado nun 80% polos fondos europeos FEDER que xestiona a Fundación INCYDE e nun 20% pola Deputación provincial da Coruña, organizou este mércores 29 de novembro a Xornada Demoday: presenta o teu proxecto co obxectivo de que os emprendedores da área de Santiago aprendesen a expoñer e comunicar as súas propostas de mercado de forma efectiva para captar o interese de investidores ou futuros clientes.
O Demoday presentouse como unha oportunidade para que os emprendedores, startups, perosas autónomas e pemes puidesen exhibir os seus proxectos e poñer a proba as súas habilidades comunicativas e persuasivas para explicar e vender a súa visión de negocio.
Os participantes aprenderon que presentar un proxecto de maneira efectiva “vai máis aló de falar fronte a un público”. De feito, na xornada explicouse que o devandito “implica a capacidade de simplificar ideas complexas, espertar emocións e establecer conexións significativas coa audiencia”. Habilidades fundamentais non só para atraer investimentos, senón tamén para construír relacións sólidas con clientes, socios e empregados.
Os participantes mostraron unha visión xeral do seu modelo de negocio, o mercado no que compiten, os fitos alcanzados e os seus obxectivos futuros. Tras unha exposición de 5 minutos que incluíu demostracións dos seus produtos ou servizos, responderon a unha quenda de preguntas por parte do xurado experto do equipo técnico do Coworking Dixital.
O xurado elaborou unha valoración final e orientación dos puntos que deben reforzar tanto da presentación, como do proxecto en xeral, de modo que estean o mellor preparado para presentar o seu proxecto ante investidores, financiadores, ou clientes.
O Coworking Dixital CCompostela é unha iniciativa da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, financiada a través da Fundación INCYDE das Cámaras de Comercio e da Deputación provincial da Coruña para impulsar a dixitalización de máis de 350 empresas en 2023 cun investimento de 300.000 euros. Forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña e ofrece un espazo colaborativo con equipamento tecnolóxico e programas específicos de acompañamento, incubación e aceleración de empresas e máis de 40 actividades que se realizarán en Santiago e 32 municipios do sur da provincia da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?