Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC acolle un congreso que pon o foco nas luces e sombras das TIC no ensino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC acolle un congreso que pon o foco nas luces e sombras das TIC no ensino

S. P.
Publicado: 30/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_congreso1.jpgO Campus Norte da USC, concretamente a Facultade de Ciencias da Educación, acolle esta semana (ata mañá venres) un evento que pon o foco no uso das TIC no ensino, e nas vantaxes e riscos que as tecnoloxías ofrecen a profesorado e alumnado.
Estamos a falar do XXIV Congreso Internacional da Sociedade de Didáctica da Lingua e a Literatura (SEDLL) que se desenvolve baixo o lema A Didáctica da Lingua e a Literatura ante o reto da nova lei educativa e está organizado pola área de Didáctica de Lingua e Literatura do Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación compostelá.
Entre as máis de 150 charlas e presentacións inclúense temas coma comparación entre a capacidade de redacción das intelixencias artificiais fronte á de docentes do futuro, o desenvolvemento do hábito lector en inglés a través da promoción das videorreseñas de booktubers ou o deseño de ferramentas tecnolóxicas para deseñar un sistema de adestramento ortográfico destinado a persoas de lingua inicial portuguesa que queiran aprender a lingua española.
Amais, analízase temas específicos como o desenvolvemento de destrezas e estratexias auditivas a través de cancións pop na clase de lingua estranxeira, a aprendizaxe e a investigación lingüística a través das redes sociais ou a práctica de xogos en liña como xeito de aprendizaxe.
Entre as propostas máis destacadas do congreso tamén figura a mesa redonda que se desenvolverá este xoves 30 a partir das 16.00 horas no Salón de Actos da Facultade baixo o lema O fomento da lectura: a eterna materia pendente, que modera a profesora da USC Montse Pena Presas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?