Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: DATAlife atraeu máis de 22 millóns de investimento en dixitalización para Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

DATAlife atraeu máis de 22 millóns de investimento en dixitalización para Galicia

S. P.
Publicado: 30/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

equipoysociosdedatalife_301112023_.jpgAs entidades impulsoras do Hub de Innovación Dixital DATAlife fixeron balance do seus logros nestes catro anos de actividade do proxecto, posto en marcha a finas de 2019. Segundo fixeron saber, o Hub atraeu a Galicia máis de 22 millóns de euros en investimento coa mobilización dun total de 27 proxectos. Ao redor de 10 deses 22 millóns proceden exclusivamente de fondos europeos, como Dixital Europe ou o programa Horizonte. Outros sete millóns chegan a través de fontes privadas.
DATAlife, grazas a este investimento, mobilizou máis de 27 proxectos de transformación dixital, organizado 70 eventos sobre tecnoloxías dixitais disruptivas e dado relatorios noutros 100 eventos nos que presentou o Hub e as capacidades de Galicia como eixo innovador en Europa. As iniciativas de DATAlife chegaron a máis de 5.000 entidades.
Orixes
O Hub de Innovación Dixital DATAlife naceu en 2019 impulsado polos seus membros fundadores, que achegaron 110.000 euros de capital inicial. Actualmente conta con asociados de diversos sectores que achegan a DATAlife o soporte para alcanzar os seus obxectivos. Destaca o traballo que realiza a súa xunta directiva con Pablo Álvarez Freire (Zendal) na presidencia; Sebastián Pantoja (Televés) na vicepresidencia; Carme Pampín (Bioga) en tesourería; Luis Pérez Freire (Gradiant) na secretaría e como vogal Roberto C. Alonso (ANFACO-CECOPESCA); Rocío Mosquera (Agrupación industrial Saúde de Galicia) e Gumersindo Feijoo (Universidade de Santiago de Compostela).
DATAlife tamén obtivo o apoio da Consellería de Economía, Industria e Innovación tras unha convocatoria competitiva en 2019 para a selección de DIHs estratéxicos para Galicia. DATAlife, a través desta iniciativa, foi designada entidade colaboradora pola Xunta en convocatorias como ConectaHubs e ConectaCOVID, Axudas á dixitalización industria 4.0, Obradoiros á dixitalización Industria 4.0, Centros de Fabricación Avanzada ou Dixitais. Ademais, apoiou a construción en Santiago de Sionlla Biotech e o seu Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas (CSIEB) que actuará como catalizador para a creación de start-ups e a atracción de empresas tractoras intensivas en I D i.
En 2022 pechou con éxito o proxecto Hub Iberia Agrotech (HIBA) que atraeu a Galicia case medio millón de euros para impulsar un ecosistema plurirrexional centrado na dixitalización do sector agroalimentario. Colaborou con Andalucia, Estremadura e Portugal, contando coa Xunta de Galicia como integrante do consorcio. Mobilizou a máis de 150 pemes sectoriais en mesas redondas, enquisas e servizos.
Outro fito foi a creación dun laboratorio de dixitalización e tecnoloxías avanzadas no Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Neste laboratorio de demostración implantáronse sensores avanzados e unha plataforma que permite a identificación e monitoraxe en tempo real das árbores nunha das leiras experimentais do centro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?