Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Carballo Interplay estrea novo galardón en abril: o premio ao mellor contido dixital en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Carballo Interplay estrea novo galardón en abril: o premio ao mellor contido dixital en galego

S. P.
Publicado: 30/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

carballo_interplay-13.jpgO festival de contidos dixitais Carballo Interplay xa ten data para a súa próxima edición, que será os días 4, 5, 6 e 7 de abril de 2024, convertendo o pobo de Carballo no centro da creación dixital. Como novidade, nesta edición estrearase o Premio a Mellor Contido Dixital en Galego, que nace co obxectivo de “poñer en valor e visibilizar aos creadores e creadoras que difunden contidos audiovisuais en lingua galega na Internet”.
Desde o 30 de novembro están abertas as convocatorias para este premio e para os xa habituais, dirixidos a series internacionais de formato curto e o dedicado á produción de contido dixital en galego, para o que as persoas participantes presentan un proxecto a desenvolver.
carballo_interplay_3.jpg O Premio a Mellor Contido Dixital en Galego está dirixido a proxectos que se difundan en Instagram, TikTok ou YouTube, de creación propia e en lingua galega. Dentro desta convocatoria haberá dous recoñecementos, o primeiro destinado á Mellor Canle, que conta cunha contía económica de 600 euros; e o segundo para o Mellor Creador ou Creadora, dotado con 600 euros.
O Premio á Mellor Produción de Contido Audiovisual en Galego ten como obxectivo apoiar a creación audiovisual mediante un premio de 3.000 euros que se dedicará ao desenvolvemento do proxecto gañador. Grazas a esta axuda producíronse series como Xan, premiada nos Premios Mestre Mateo, de Miguel Canalejo e Lucía Estévez; Amnesia 3.0, de Irene Pin, Cacola, de David Fidalgo ou Pringadas, de Belén Puime.
carballo_interplay_2-3.jpg Como cada ano, mantense o buque insignia do Carballo Interplay, a súa Competición Oficial de Series en Formato Curto, pensada para producións internacionais realizadas entre 2023 e 2024. O requisito a cumprir é que teña, polo menos, tres capítulos producidos que non superen os 30 minutos cada un. Os premios outorgados nesta categoría serán á Mellor Serie (dotado de 800 euros e trofeo), Premio do Xurado Novo (dotado de 400 euros e trofeo), Premio do Público (400 euros e trofeo) e un Premio a Mellor Dirección de 200 euros e trofeo.
Para inscribirse en calquera das categorías competitivas do festival, os interesados e interesadas deberán cubrir un formulario na web do festival, onde tamén poden consultar todas as bases.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?