Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 85 centros de ensino e 800 estudantes participan no programa InnovaTech
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 85 centros de ensino e 800 estudantes participan no programa InnovaTech

S. P.
Publicado: 01/12/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20231201presentacionretosinnovatechfp1.jpgEste venres 1 de decembro celebrouse a inauguración do programa InnovaTech FP, unha xornada que se levou a cabo no Centro Integrado de FP Universidade Laboral de Culleredo e ao que asistían o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, onde se deron a coñecer os dez retos aos que terán que enfrontarse os 800 alumnos e alumnas dos 85 centros participantes que, organizados en equipos e coa participación duns 170 profesores, deberán achegar solucións tecnolóxicas viables ás propostas lanzadas por dez empresas integradas nesta acción pioneira da Xunta en colaboración co tecido empresarial galego.
No encontro tamén estiveron a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, quen subliñou a importancia desta acción enfocada a que o alumnado adquira unha alta formación tecnolóxica “prioritaria para o seu futuro profesional”. “Son desafíos moi específicos e para o seu desenvolvemento fai falla un entorno académico que permita conectar a innovación educativa a través da tecnoloxía, polo que InnovaTech contará co Centro Galego de Innovación de FP, con sede en Ourense, como polo tractor”, explicou o titular de Educación durante a inauguración das xornadas.
En canto ás propostas das empresas, dicir que tratan solucións tecnolóxicas en campos moi variados como o forestal, téxtil, alimentario ou de servizos. En concreto, a empresa Viaqua propón o deseño dun sistema de autolimpeza para reixas de fosas sépticas de zonas rurais; Pérez Rumbao busca o desenvolvemento de robots para o reparto de recambios en talleres de automoción, e o grupo Diesemm quere unha solución dixital para a optimización de experiencias en eventos deportivos.
Finsa propón a creación dun sistema de control de crecemento de especies forestais que permita a monitorización das condicións ambientais; Aceites Abril focalízase nun método ou sistema de medición rápida de graxas en pastas de refinado e a empresa El Pulpo quere que se cree unha colección téxtil reciclada. L’Oreal busca solucións para a transformación de envases plásticos de produtos cosméticos en produtos duradeiros para salóns de peiteado, e Roberto Verino, o deseño dun sistema de análise para unha empresa téxtil que axude a optimizar propostas de colección e a medir a satisfacción do cliente. A Fundación San Rosendo tamén se suma aos retos propondo o desenvolvemento dun sistema tecnolóxico para o coidado activo e preventivo de persoas maiores, e Naturgy aposta por ferramentas para a detección de perdas de enerxía eléctrica para contribuír á súa redución.
A listaxe de todos os centros participantes de Galicia nesta iniciativa xa se pode consultar no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.
A xornada en Culleredo continuou co relatorio Persoas que cambian o mundo, sobre innovación e creatividade da man do enxeñeiro informático e CTO e cofundador de iAR, Miguel Ángel Llorente. Para culminar, a coach executiva en Evolutia Consulting realizou unha dinámica sobre o tratado ao longo da mañá co título A.A. Alfabetización artificial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?