Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aventura dixital Hábitats. Natureza estendida permitirá explorar no Gaiás a biodiversidade do planeta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aventura dixital Hábitats. Natureza estendida permitirá explorar no Gaiás a biodiversidade do planeta

S. P.
Publicado: 04/12/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

habitats_natureza_estendida.jpgO conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentou este luns 4 de decembro no Gaiás unha nova instalación inmersiva na Cidade da Cultura que combina arte e tecnoloxía. Trátase de Hábitats. Natureza estendida, en palabras do conselleiro “unha aventura sensorial que emprega Realidade Virtual e Aumentada para levar ao público a viaxar polos cinco continentes sen saír do Museo Centro Gaiás”. Román Rodríguez subliñou o carácter accesible desta proposta, “concibida para todos os públicos atendendo aos conceptos de sustentabilidade e cultura inclusiva”. De feito, fíxose un esforzo especial por garantir que poidan contemplar a mostra persoas de mobilidade reducida. A maiores, empregáronse nela materiais reciclados e biodegradables.
“Desde os 9 anos en adiante, todas as galegas e galegos poderán poñer as lentes de Realidade Virtual e vivir esta experiencia con seguridade”, asegurou, engadindo que “as persoas visitantes atravesarán o andar 1 do Museo Centro Gaiás provistas dunha lentes de realidade mixta que lles permiten ver en todo momento o mundo físico ao seu redor e, sobre el, as capas de RV nas que se desprega unha natureza vibrante”. Deste xeito, ata dez persoas poderán percorrer de maneira simultánea a instalación.
As mans virtuais que imitan en tempo real os movementos dos dedos fan tamén que sexa sinxelo para calquera interactuar cos elementos virtuais da experiencia. Durante o percorrido, as persoas visitantes poderán observar de preto e incluso tocar animais e plantas como axolotes, leoas, corais, acacias, focas e elefantes, entre outras moitas.
O director do proxecto, Carlos Seijo, explicou no acto que as recreacións das especies animais e vexetais de Hábitats están realizadas cunha plasticidade que busca a empatía fronte ao hiperrealismo. A natureza ilumínase desde o interior e faise translúcida, mostrándose fermosa e vulnerable para aguilloar as conciencias.
Con esta nova instalación inmersiva, a Cidade da Cultura amplía a súa oferta de contidos vencellados á arte dixital e ás novas tecnoloxías, logo da pioneira Carne y Arena, creada polo director Alejandro González Iñárritu, e das experiencias de realidade virtual incluídas no catálogo do Galiverso. “Facémolo ademais apostando polo talento galego nos eidos das artes visuais, o modelado e animación 3D e a programación”, salientou o conselleiro.
A instalación no andar 1 do Museo Centro Gaiás inclúe nove escenarios representativos doutros tantos ecosistemas do planeta: as zonas húmidas de Xochimilko en México, a selva amazónica do Perú, o deserto de Sonora nos Estados Unidos, o mar de Weddel na Antártida, a Cova de Ceza no Courel, a sabana en Kenia, os areais da reserva de Ras Al Jin en Omán, a Gran Barreira de Coral australiana e os fondos oceánicos.
As persoas visitantes disporán de 40 minutos para explorar os diferentes escenarios, guiados por unha voz en off (en galego, castelán e inglés) que vai revelando detalles e información de interese sobre as especies animais e vexetais que se atopan en cada ecosistema.
As entradas pódense mercar a un prezo de 3 euros a través de Ataquilla e no Museo centro Gaiás. A partir de xaneiro, a Cidade da Cultura ofrece tamén a posibilidade de concertar visitas gratuítas á instalación para os centros de ensino galegos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?