Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Altia, incluída na lista de Computerworld das mellores empresas TI para traballar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Altia, incluída na lista de Computerworld das mellores empresas TI para traballar

S. P.
Publicado: 04/12/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

altia_fachada.jpgFoundry Computerworld seleccionou á empresa galega Altia como un dos mellores lugares para traballar en TI (Tecnoloxías da Información) en 2024, incluíndo á compañía no posto 27 da clasificación das empresas medianas.
Este premio, segundo informou a consultora tecnolóxica de Oleiros (A Coruña), é un recoñecemento ás organizacións mundiais máis top que retan aos seus equipos de TI á vez que lles ofrecen grandes beneficios e compensacións.
Altia tamén fixo saber que a selección das compañías realízase a partir da excelencia que ofrecen e da calidade do lugar de traballo para os profesionais do sector tecnolóxico.
“Este recoñecemento supón un gran impulso e reafírmanos no noso empeño por atraer aos mellores perfís do mundo TI”, dixo Angela Souto, responsable de xestión de talento en Altia.
“A tecnoloxía está a desempeñar un papel cada vez máis importante nos negocios. Os profesionais de TI seguen beneficiándose desta tendencia, xa que as organizacións gañadoras deste ano aumentan a dotación de persoal e ofrecen unha variedade de vías para mellorar, volver capacitar e diversificar os seus equipos”, dixo Rob O”Regan, director global de estratexia de contido de Foundry. “Estas empresas proporcionan un modelo para os líderes de TI e RRHH que buscan novas formas de atraer, involucrar e fidelizar o talento nunha contorna de TI cada vez máis competitiva” engadiu.
A lista dos mellores lugares para traballar en TI é unha clasificación anual das mellores contornas de traballo para profesionais da tecnoloxía realizado por Computerworld. A lista elabórase a partir dun cuestionario exhaustivo sobre o que ofrece a empresa en categorías como beneficios sociais, desenvolvemento profesional, DEI, futuro do traballo, formación e mantemento no tempo do talento. As clasificacións son revisadas e examinadas por un panel de expertos da industria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?