Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno anuncia que dotará de Internet de alta velocidade a práctica totalidade do concello de Vilardevós
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno anuncia que dotará de Internet de alta velocidade a práctica totalidade do concello de Vilardevós

S. P.
Publicado: 04/12/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pedro_blanco_en_vilardevos.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, estivo a semana pasada no concello ourensán de Vilardevós, onde puxo en valor o traballo desenvolvido para evitar o despoboamento e onde analizou o resultado de proxectos apoiados polo Executivo central, como o financiamento con máis de 40.000 euros da renovación da iluminación exterior municipal. Tamén anunciou que o Goberno achegará o servizo de Internet de alta velocidade á práctica totalidade do termo municipal dentro do Programa Único-Banda Larga
Pedro Branco desprazouse a Vilardevós onde se interesou polas iniciativas que impulsa o Goberno presidido pola alcaldesa Eva Pérez, que presentou proxectos como a adecuación e recuperación da ruta dos muíños para pór en valor a área natural da Cidadella na contorna do río. Este proxecto sumaríase aos quilómetros de rutas naturais que percorren o concello e contribúen á súa dinamización coa atracción de habitantes e turismo.
O delegado expresou a súa satisfacción ante iniciativas que van na mesma liña que as políticas do Goberno no que respecta ao Reto Demográfico, o que favorece a comunicación entre administracións para conseguir, entre todas, un territorio galego integrado e adaptado ás novas formas de traballo e oportunidades que se comprobaron efectivas diante o despoboamento que sofren estes territorios.
Pedro Branco e a alcaldesa repasaron na reunión os apoios do Goberno ao Concello de Vilardevós nestes anos nos que se beneficiou de axudas de 40.000 euros coas que a Administración local financiou a renovación da iluminación pública.
Ademais, o Concello de Vilardevós benefíciase do programa Único-Banda Larga, que executa o Goberno para completar a dixitalización do territorio galego. Este programa posibilitará a conexión a Internet de altas prestacións a 43 núcleos de poboación, que cubrirán un total de 108 vivendas e empresas, o que na práctica, supón a completa dixitalización do territorio municipal dotándoo de acceso con velocidades de 300Mbps.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?