Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto Stellae 5.0 busca aproximar o Camiño á sociedade a través da dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto Stellae 5.0 busca aproximar o Camiño á sociedade a través da dixitalización

S. P.
Publicado: 04/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

programa_santiago_usc_stellae_5.0.jpgO Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia acolleu este venres 1 de decembro a presentación do programa Stellae 5.0, Patrimonio Cultural Dixital Vinculado ao Camiño de Santiago. Trátase dun proxecto de participación público-privada para a universalización do patrimonio cultural. Desenvolverase baixo o lema De moitos para todos.
Na presentación participaron representantes dos gobernos de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela a León, da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE), do Clúster TIC de Galicia, do Clúster Audiovisual de Galicia e da firma tecnolóxica NTT Data. Tamén participou, pola Universidade de Santiago, a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso, en presentación do reitor da USC, Antonio López.
Segundo fixeron saber, o obxectivo principal de Stellae 5.0 é “impulsar a reactivación económica e a xeración de emprego aproveitando recursos do patrimonio cultural do sur de Europa e, en particular, os vinculados ao Camiño de Santiago”. Todo a partir do coñecemento universitario para poñer en valor o patrimonio cultural da macrorrexión e, a través da dixitalización, promover a súa universalización e favorecer a súa conservación.
No evento, os representantes das comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León impulsaron un marco de colaboración para a consecución do financiamento necesario que lles achegue valor engadido ás políticas establecidas por cada unha das comunidades autónomas no ámbito da dixitalización do patrimonio cultural. Deste xeito, estableceuse explorar vías para a obtención de recursos a través do desenvolvemento de proxectos de cooperación baixo os programas e iniciativas existentes.
O primeiro obxectivo do programa é o desenvolvemento das accións pertinentes ante o Ministerio de Economía e a Secretaría de Estado responsable da xestión dos fondos europeos Next Generation destinados á transición dixital da economía, para a captación de dezaseis millóns de euros cos que poder xerar os primeiros casos prácticos na dixitalización (xemelgos dixitais), a formación e o emprendemento, que complementen, amplíen e se coordinen coas políticas que desenvolven os catro gobernos autonómicos. Tamén terá como obxectivo incrementar a rede de entidades participantes no proxecto e establecer unha canle aberta de comunicación entre as entidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?