Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourol estrea rede de fibra óptica grazas á despregadura de Adamo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourol estrea rede de fibra óptica grazas á despregadura de Adamo

S. P.
Publicado: 07/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

José Luis Pajón, alcalde de Ourol, e Cavid Llano, responsable de Adamo Galicia
José Luis Pajón, alcalde de Ourol, e Cavid Llano, responsable de Adamo Galicia
Ourol estrea finalmente a súa rede de fibra óptica: un recurso co que combater o despoboamento e co que reverter a inclusión do municipio galego na lista vermella de concellos da España baleirada (foi incluído como concello en risco polo Banco de España no seu último informe sobre despoboamento en Galicia). A chegada efectiva da Internet ultrarrápida é posible grazas ao traballo de Adamo, en virtude do cal 600 familias accederán a Internet de alta velocidade no concello lucense nos próximos meses. Será de forma progresiva e da man da dita operadora de telecomunicacións, que acaba de conectar xa a 162 delas.
Segundo informou Adamo con motivo desta despregadura, “Ourol vén de agarrarse aos novos tempos e segue a batallar fronte ao temido fenómeno de despoboamento, que, como tivo en conta o BdE, provoca que leve case un século perdendo habitantes, que pechase as portas do seu único centro educativo en 2015 e que pasase a ter 7 edís no canto de 9 no principio do ano por baixar de 1.000 veciños (o seu padrón quedou en 999 no último día de cómputo)”.
Fontes de Adamo lembran que a empresa leva xa un tempo traballando na despregadura e na distribución do sinal da Internet neste concello da Mariña. A análise dos traballos pasados, presentes e futuros labores centrou unha xuntanza recente entre o equipo de Gobierno do Concello e numerosos veciños con David Llano, responsable da compañía en Galicia, celebrada a semana pasada. O alcalde, José Luis Pajón, ademais de celebrar o aceso da fibra óptica, está a impulsar o desenvolvemento da infraestrutura tanto concedendo os permisos pertinentes con axilidade como facilitando en todo momento o labor dos técnicos.
Ola, veciño!
Co obxectivo de dotar de conexión de calidade aos sitios máis apartados, Adamo dispón dunha práctica ferramenta: Ola, veciño! Trátase dun formulario que se pode encher na web da empresa e que permite a Adamo avisar ao interesado en canto a fibra chegue ao seu fogar. Así mesmo, as persoas interesadas nos servizos da operadora poden acceder a súa web e picar en chamámoste para que un teleoperador da compañía contacte con elas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?