Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Drons e IA para analizar as tácticas futbolísticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Drons e IA para analizar as tácticas futbolísticas

Redacción
Publicado: 14/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20240214_anxo_carro_01.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e o presidente do Club Deportivo Lugo, Tino Saqués, participaron hoxe no estadio Anxo Carro nunha demostración da startup Fly-Flut, que desenvolveu unha solución que emprega tecnoloxías de vehículos non tripulados e software de intelixencia artificial para que os equipos de fútbol dispoñan dunha mellor experiencia de análise táctica en adestramentos e partidos.
Fly-Fut é unha das doce participantes na 5ª edición da Business Factory Aero (BFAero), o programa de incubación, aceleración e consolidación de proxectos empresariais innovadores no eido dos vehículos non tripulados impulsado pola Xunta en colaboración coa Fundación CEL Iniciativas por Lugo no marco do Polo Aeroespacial de Galicia.
20240214_anxo_carro_02.jpg Fronte ás solucións de gravación táctica con cámara fixa, desde torre ou desde andamio, o software de Fly-Fut ofrece máis imaxes e máis datos e cunha maior calidade e achega información sobre distancias e velocidades sobre a imaxe do dron, ofrecendo así un valor diferencial. As súas principais vantaxes, aplicables tanto ao primeiro equipo dos clubs como á canteira, son o aforro de tempo de análise e unha maior precisión e flexibilidade na toma de planos. Isto facilita a comprensión, axuda a mellorar a execución e fortalece a confianza de xogadores e corpo técnico.
Fly-Fut, que aplica tecnoloxías de vehículos non tripulados ao eido deportivo, súmase na 5ª edición da Business Factory Aero a outros once proxectos que ofrecen solucións para emerxencias e rescates, xestión e monitorización de flotas de drons, desenvolvemento de sistemas de propulsión autónomos en órbitas VLEO, análise e inspección de infraestruturas ou formación no manexo de vehículos non tripulados, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?