Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os monólogos R regresan aos escenarios galegos cargados de Ignorancia Artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os monólogos R regresan aos escenarios galegos cargados de Ignorancia Artificial

S. P.
Publicado: 16/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

monologos_r_ignorancia_artificial.jpgVolven os monólogos R ás táboas da nosa terre e fano cunha chiscadela ao tema do que tanto se fala: a Intelixencia Artificial. Como non podía ser doutro xeito, os protagonistas deste novo ciclo abordarán a dita cuestión dun xeito retranqueiro, de aí o título da xira: Ignorancia Artificial. A través das sesións programadas, convidarase ao público a preguntarse se as novas ferramentas nos converten de verdade en persoas máis intelixentes ou máis ignorantes cada vez que se renovan.
O domingo 25 de febreiro reiníciase a xira impulsada pola operadora galega de telecomunicacións, o periplo dos monólogos R que dende hai xa dezaseis anos fixo rir a miles de galegos e galegas das catro provincias, “da man dos actores e actrices máis populares da terra”. A nova edición contará coa participación de Xosé A. Touriñán (Touri) ao que se unen nesta ocasión Marta Doviro e Fede Pérez.
Marcianadas de onte, imprescindibles hoxe
O ciclo abordará os inicios da revolución tecnolóxica na que estamos mergullados, cando era unha marcianada reservada moitas veces a frikis e/ou snobs, “mais case sen decatarnos foise incorporando ao noso día a día e xa non podemos vivir sen ela; levamos un teléfono no peto, non usamos cámaras con carrete, compramos roupa por Internet sen probala, traballamos dende a casa, temos toda a música nun terminal, podemos pescudar a cor da segunda capa de pel do escaravello peloteiro nas Antillas nun clic… E cando xa pensamos que está todo OK e adaptámonos aos que consideramos novos tempos chega outro tsunami tecnolóxico, a Intelixencia Artificial, e pon todo coas patas para arriba”.
Estas e outras cuestión serán abordadas por Touri, Doviro e Fede Pérez.
Xosé A. Touriñán fará de mestre de cerimonias nas citas de Vigo e da Coruña e tamén dará boa conta das súas ocorrencias en varias intervencións no escenario. O cómico irá establecendo conversas coa súa compañeira e o seu compañeiro de escenario, Marta Doviro e Fede Pérez respectivamente, que tamén ofrecerán os seus propios monólogos.
“Trátase, en suma, de gañar por goleada ao ChatGPT e a outras creacións artificiais cun percorrido polos textos humorísticos que levan máis dunha década conquistando o público”, explican fontes de R, engadindo que o obxectivo é ante todo relatar, parodiar, reflexionar e cuestionalo todo para facer pasar unha tarde de diversión á fiel audiencia dos monólogos R.
Os monólogos R de 2024 arrincan o domingo 25 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo da cidade olívica ás 19:00 h, en sesión única. E viaxarán posteriormente á Coruña, onde van recalar no Palacio de Exposicións e Congresos, PALEXCO, o sábado 9 de marzo en dobre sesión: ás 17:00 h e ás 20:30 h. O aforamento é limitado en ambos os espazos e para acudir é preciso contar con algún dos convites de R para clientes ou coas conseguidas nos concursos de redes sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?