Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As vertentes da ciberseguridade menos tratadas polo medios centraron un webinar do CPXG e PuntoGal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As vertentes da ciberseguridade menos tratadas polo medios centraron un webinar do CPXG e PuntoGal

S. P.
Publicado: 20/03/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

webinar_ciberseguridade_xornalistas_puntogal.jpgO Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, PuntoGal e a Global Cyber Alliance (GCA), co apoio do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, e o Nodo Galego de Ciberseguridade, celebraron este 20 de marzo unha xornada formativa sobre ciberseguridade nos medios. Os relatores puxeron o foco nalgúns dos aspectos menos tratados da cobertura informativa desta temática.
Por exemplo “a debilidade intrínseca das infraestruturas, as mudanzas que se están a dar na gobernanza mundial da seguridade na rede ou a falsidade dalgunha das crenzas máis estendidas entre usuarios e usuarias”.
A sesión desenvolveuse baixo o epígrafe Cara a un novo xeito de falar de ciberseguridade: nomes, números e rutas e contou coa participación de Carlos Seisdedos, investigador e analista de intelixencia en seguridade internacional e ciberseguridade, Pablo López-Aguilar, director asociado do programa de seguridade da Global Cyber Alliance, e Alejandro Fernández-Cernuda, director de compromiso do programa de integridade na internet na GCA, e estivo presentado por Valeria Pereiras, membro da Xunta de Goberno do CPXG.
Carlos Seisdedos comezou a xornada cunha reflexión sobre o tratamento mediático da ciberseguridade, a partir da cobertura do caso Alcatec, no que participou persoalmente. Seisdedos felicitou os medios polos avances realizados, especialmente no abandono dun tratamento sensacionalista, pero apuntou tamén algunhas mudanzas que “seguen a ser necesarias, como evitar a romantización dos delitos cibernéticos (chamando a substituír o uso do termo hacker por ciberdelincuente), evitar informacións que poidan favorecer a quen delinque ou facer un seguimento que vaia alén dos ataques realizados e se faga tamén eco dos que se puideron parar”. Rematou a súa intervención salientando o papel do factor humano na ciberseguridade, “especialmente no relativo á gobernanza e protección das infraestruturas, un aspecto que ás veces é esquecido na cobertura mediática”, dixo.
Pablo López-Aguilar centrou a súa intervención nos principais tipos de ataques, describindo os distintos conceptos básicos de ciberseguridade que están recollidos no glosario publicado por PuntoGal. Tamén debullou algúns mitos que tenden a repetirse na cobertura de noticias de ciberseguridade, como o do hacker solitario (fronte á gran industria do crime cibernético), o da suposta seguridade que garante o cadeado que se ve na meirande parte das páxinas web (fronte ao que realmente significa esa icona: que a información viaxa cifrada) ou a idea de que o elo máis débil da cadea de internet sexan os usuarios e as usuarias, cando o é a infraestrutura a que é intrinsecamente feble, “e ata as persoas máis expertas poden ser vítimas de ciberataques”, sinalou.
Pola súa banda, Alejandro Fernández-Cernuda centrouse no ecosistema colaborativo que protexe Internet, lembrando o obxectivo primeiro da GCA: reducir o risco cibernético fornecendo aos usuarios e usuarias, o primeiro elo da ciberseguridade, de utensilios como a caixa de ferramentas para xornalistas. Fernández-Cernuda repasou o labor da GCA e o estado da cuestión dos sectores implicados, como o debate sobre a mitigación do abuso de dominios, as novas regulacións europeas para os dispositivos interconectados e a falta dun enfoque unificado sobre o tráfico malicioso na rede, o avance do proxecto MANRS ou, no ámbito estatal, o feito de que España sexa o único país cun servizo telefónico de atención ás vítimas da ciberdelincuencia, o 017. Nese sentido, apuntou que “se están dando movementos que apuntan cara a un cambio de ciclo, como o fomento da autorregulación, a colaboración internacional ou os límites ás grandes compañías”.
A gravación do webinar e os materiais complementarios están xa dispoñibles na plataforma de formación do Colexio de Xornalistas, para que poidan ser consultados de maneira gratuíta por todas aquelas colexiadas e colexiados que o desexen.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?