Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro de Emprendemento de Vedra (A Estación) asesorou xa a 30 emprendedores e empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro de Emprendemento de Vedra (A Estación) asesorou xa a 30 emprendedores e empresas

S. P.
Publicado: 20/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vedro_foto_recurso_centro_emprendemento_a_estacion.jpgO Concello de Vedra fixo balance da actividade xerada polo Centro de Emprendemento A Estación, localizado na antiga terminal ferroviaria de Santa Cruz de Ribadulla e posto en marcha en 2021 para avanzar en dinamización e innovación empresarial, e tamén en emprego e emprendemento. A longo da súa andaina xa mobilizou asesoramento para unha trintena de proxectos innovadores.
O centro, que forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación Provincial da Coruña (enmarcada no Plan PEL) é un espazo multifuncional que alberga unha zona de traballo para proxectos e conta cunha aula formativa con capacidade para 20 prazas, un vagón reconvertido e habilitado como espazo de coworking e para xuntanzas de traballo, así como unha nave multiusos a disposición da sociedade vedresa e de proxectos emprendedores e profesionais.
O centro de emprendemento concíbese como “un espazo aberto, dinámico, colaborativo, pensado dende o rural, pero cunha proxección global”. Así, en A Estación acóllense proxectos de Vedra e comarca, pero tamén doutras localidades galegas.
Acubilla tamén un programa de incubación dirixido a proxectos emprendedores, e un de aceleración para empresas de recente creación ou para aquelas xa existentes que desexan poñer en marcha novas liñas de negocio.
Aparte do asesoramento lévanse a cabo outros labores, como mesas sectoriais para identificar retos e posibles accións para o impulso dos sectores estratéxicos municipais, formación especialmente enfocada nas competencias transversais ou proxectos que buscan inculcar o espírito emprendedor entre grupos escolares e mocidade.
Ao longo destes máis de 2 anos o centro asesorou a máis de 30 persoas emprendedoras e empresas. Actualmente contan con 14 coworkers cos seus respectivos proxectos, pertencentes a sectores de actividade diversos como cultura, produción audiovisual, novas tecnoloxías, ecoloxía, acción social, eventos ou artesanía.
Respecto á artesanía vense de incorporar Creativas Galegas, entidade de economía social e marca paraugas que reúne, acolle, impulsa e dá visibilidade a máis de 340 profesionais e pequenos selos do eido cultural galego, tales como profesionais e marcas, persoas artesás ou profesionais das artes escénicas, a maioría deles do concello de Vedra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?