Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Patricia Argerey visitou a sede coruñesa de Hack A Boss
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Patricia Argerey visitou a sede coruñesa de Hack A Boss

S. P.
Publicado: 20/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20032024_gain_hackaboss.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, visitou na mañá deste mércores 20 de marzo a sede da empresa coruñesa Hack A Boss, referente na formación avanzada de carácter intensivo e centrada na programación web e a ciencia de datos, así como nos cursos de verán de programación.
Creada hai cinco anos, pasou de 5 a 80 traballadores, contribuíu á inserción laboral de case mil persoas e está valorada como unha das mellores empresas tecnolóxicas para traballar. A directora de GAIN aproveitou a súa estadía en Hack A Boss para “destacar a importancia da formación de talento científico-tecnolóxico en Galicia con vistas a dispor de persoas capaces de responder ás prioridades do novo modelo económico como a transición verde e dixital”.
20032024_gain_hackaboss_2.jpgArgerey apuntou que Galicia está “sendo capaz de atraer e reter talento no ámbito da I+D+i, a través de distintos programas, algúns específicos como Principia, Investigo, Oportunius, Talento Senior, Ignicia, doutoramento industrial ou os contratos predoc e posdoc cos que se ten apoiado (no período 2014-2021) máis de 11.000 empregos para persoal investigador e tecnolóxico e dedicado á innovación”. Ademais, salientou que o Goberno autonómico vén de pechar a convocatoria do programa Investigo pero está prevista a convocatoria de Doutoramentos Industriais para o segundo trimestre.
Tamén debullou os detalles do programa Oportunius, deseñado para a incorporación de talento excelente vencellado á obtención, con carácter previo dunha axuda do European Research Council. Segundo dixo, actualmente son 17 as persoas contratadas a través deste programa Oportunius e está pendente a incorporación dun profesional máis. Así mesmo, lembrou que está prevista a convocatoria de 3 novas prazas nos vindeiros meses. En total, agárdase contar con 21 investigadores e investigadoras Oportunius contratados/as no primeiro semestre do 2024.
20032024_gain_hackaboss_3.jpgHack A Boss foi beneficiaria no ano 2019 dunha axuda do programa Talento Sénior, por importe de 64.000 euros, para a contratación dun profesional de alta cualificación encargado de realizar tarefas de I+D+i por un período de tres anos. En concreto, o perfil da persoa que se incorporou á empresa foi a dun experto responsable de incubar e acelerar ideas de negocio dixitais, de deseñar e lanzar ao mercado produtos dixitais de alto valor e impartir obradoiros formativos sobre desenvolvemento de produto dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?