Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abre o prazo para presentar propostas de contidos audiovisuais ao Ames Av Lab
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abre o prazo para presentar propostas de contidos audiovisuais ao Ames Av Lab

S. P.
Publicado: 21/03/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ames_lab_av.jpgHoxe abriu o prazo de inscrición do Ames AV Lab, un laboratorio pioneiro de aceleración de proxectos audiovisuais destinado a potenciar a produción audiovisual no municipio de Ames, impulsado polo Concello. O período para presentar solicitudes á iniciativa, co-financiada pola Deputación da Coruña, estará aberto ata o 12 de abril.
Segundo explica o Concello, o Lab esta deseñado coma “un laboratorio para acelerar proxectos audiovisuais que ten como obxectivo principal impulsar a produción audiovisual, fomentar o talento emerxente e dinamizar o novo talento local e posicionar o sector audiovisual galego como referente no ámbito nacional e internacional”. Este laboratorio preséntase ademais como “unha oportunidade única para profesionais do sector, cun enfoque na innovación e a competitividade global”, engade o Concello.
​A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “a través deste laboratorio de aceleración de proxectos trátase de dotar de ferramentas ao talento local”. E apunta: “Trátase dun proxecto moi importante no que se fai unha clara aposta polo audiovisual e pola formación de persoas neste ámbito”.
​Dirixido a creadores con proxectos sen iniciar, en fase de creación ou desenvolvemento, o Lab ofrece un “respaldo fundamental” para levar as ideas da concepción á realidade. O laboratorio, apoiado pola Deputación da Coruña, convértese nun catalizador do talento local, proporcionando recursos e apoio experto para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais.
Durante oito meses, os 15 proxectos seleccionados terán acceso a unha ampla gama de servizos conformada por un programa formativo de 138 horas de duración cun enfoque práctico e adaptado ás necesidades específicas dos participantes. Ademais, facilitarase a creación e desenvolvemento dos proxectos participantes co apoio de expertos en emprendemento e do sector audiovisual, mediante titorización, mentoring, asesoramento especializado e financiamento.
As persoas participantes contarán cun espazo de traballo reservado no coworking A Proa, no Polígono de Novo Milladoiro. Ademais, o programa ofrece unha bolsa de axudas de ata dez mil euros por proxecto, destinada a sete proxectos seleccionados a través dun proceso de concorrencia competitiva.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?