Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xosé Rúas e Julia Fontenla (UVigo) crean un manual contra a desinformación para o alumnado de secundaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xosé Rúas e Julia Fontenla (UVigo) crean un manual contra a desinformación para o alumnado de secundaria

S. P.
Publicado: 21/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_podesinformacion11.jpgO múltiple e variado abano de posibilidades que temos hoxe para acceder á actualidade e aos feitos que a conforman pode ser unha vantaxe ou unha desvantaxe, pois canta máis información, máis aumenta a posibilidade tamén de desinformación, das fake news, dos bulos virtuais, das teorías conspiratorias, do negacionismo (tamén xornalístico). Para combater esta desinformación nas redes xorde unha proposta a xeito de manual de mans dunha investigadora e un investigador da Facultade de Comunicación: Xosé Rúas e Julia Fontenla, que veñen de crear Contra la desinformación: manual de herramientas y recursos didácticos en el aula.
Trátase dun libro dixital de acceso aberto que reúne as achegas de 25 expertos e expertas de ámbitos como a comunicación, a mercadotecnia, a filosofía, a socioloxía, o dereito ou a informática para proporcionar ao profesorado e alumnado de secundaria e bacharelato un conxunto de ferramentas e de recursos didácticos que lles permitan “entender mellor o fenómeno da desinformación e as novas falsas e observalo con perspectiva”, segundo palabras dos responsables desta idea.
Cómpre dicir que este proxecto está inserido nas actividades do proxecto DEBATrue, que coordina o grupo de investigación CP2 da facultade pontevedresa, neste manual abórdanse un conxunto de temáticas relacionadas con esta problemática, desde o concepto de posverdade e as teorías da conspiración ata o uso da Intelixencia Artificial para a verificación de datos ou a magnitude do negocio da desinformación.
Estamos perante un manual cun “propósito divulgativo, polo que cada capítulo inclúe tamén actividades e recursos para que os profesores poidan traballar este tema na aula”, apunta Rúas, coordinador xunto con Fontenla dun volume no que apostaron tamén por unha linguaxe accesible e “un deseño atractivo e moi dinámico”. Publicado pola editorial Fragua, o libro insírese nas actividades en materia de sensibilización que abrangueu o proxecto DEBATrue (Lucha contra la desinformación y los estándares de valor en los debates electorales en TV y medios digitales: plataforma de verificación y blockchain), coordinado por Rúas e a tamén investigadora do grupo CP2 Ana Belén Fernández Souto e seleccionado na convocatoria estatal de I+D+i para a realización de Probas de Concepto do Ministerio de Ciencia e Innovación.
Contra la desinformación conta coas achegas de especialistas das universidades de Vigo, Santiago de Compostela, Granada, Sevilla e A Coruña, así como do CSIC. Os seus contidos abranguen desde un percorrido pola “historia da manipulación” a unha análise sobre como esta afecta ás liberdades de expresión e información, pasando por unha reflexión sobre o concepto de “posverdade” e sobre as “circunstancias nas que as emocións e as crenzas persoais inflúen máis na formación de opinións e na toma de decisións que os feitos obxectivos”, nun capítulo asinado polas investigadoras do Instituto de Filosofía do CSIC Astrid Wagner e Teresa Moreno. Analízase tamén o “negocio da desinformación”, da man do investigador da UVigo Andrés Mazaira, quen analiza os principais modelos de empresas de verificación de datos. Outros artigos permiten coñecer os trazos distintivos das teorías da conspiración ou a importancia que ten o control da información nas guerras, grazas á participación do coronel e agregado de Defensa en Seúl, Ángel Gómez.
Para rematar, dicir que o obxectivo deste manual é seguir avanzando no desenvolvemento desta plataforma, seguir enchéndoa de contidos, coa meta tamén de poder pór en marcha unha spin off vinculada a este proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?