Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abel Losada destaca os avances da despregadura da fibra óptica no Val Miñor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abel Losada destaca os avances da despregadura da fibra óptica no Val Miñor

S. P.
Publicado: 25/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

abel_losada_subdelegado_val_minor.jpgO subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, destacou este luns 25 de marzo “o imparable avance na despregadura da fibra óptica no Val Miñor”, comarca que puxo como exemplo do esforzo do Goberno de España por levar a conectividade dixital con velocidades simétricas mínimas de 100 Mbps “ata o último recuncho do último municipio dunha provincia cunha densidade de poboación tan alta e tan dispersa como a nosa”. O subdelegado desprazouse a Nigrán onde supervisou, xunto co alcalde, Juan González, o concelleiro de Urbanismo, Diego G. Moreira, e o delegado de Rede Aberta, Óscar Barreiro, os traballos de subministro da fibra que levan a cabo neste municipio.
Losada explicou que segundo o último informe do Ministerio para a Transformación Dixital Nigrán, Gondomar, Mos e Baiona son municipios nos que hai moi poucos permisos pendentes de conceder para acometer as intervencións necesarias na extensión da fibra nesta recta final do Plan ÚNICO-Banda Larga do Goberno, financiado con fondos europeos do Plan de Recuperación.
Abel Losada incidiu no “papel destacado que a provincia de Pontevedra mantén na execución dos plans de conectividade a Internet de alta velocidade, onde se coloca no noveno posto do total de 52 provincias en canto a axilidade na tramitación de permisos para a súa despregadura”.
A firma encargada de achegar estes equipamentos é a operadora neutra Rede Aberta, que ten como previsión acadar en 2025 a cobertura en toda a provincia. A empresa, cunha adxudicación de 7.685.861 euros neste contrato estatal, estimou un investimento total na súa rede que chegará aos 9.675.858 euros.
En total está previsto que na provincia de Pontevedra sexan instalados 3,5 millóns de metros de fibra óptica para levar o servizo a todos os núcleos de aquí a decembro de 2025, “o que supón un gran esforzo de enxeñaría para encaixar todo ese cableado principal e secundario e os nodos de conexión”, sinalou o subdelegado.
Actualmente as zonas nas que se está tendendo cable de maneira máis avanzada son o Val Miñor (especialmente en Nigrán), o Baixo Miño, Arousa, o norte do Deza (Lalín, Agolada e Rodeiro) e a zona da Louriña (O Porriño, Mos e Salceda de Caselas), así como a Paradanta (Arbo e As Neves).
Abel Losada indicou que nesta fase, o plan ÚNICO-Banda Larga fará chegar a fibra óptica a outras 18.104 unidades familiares e empresas de aquí a finais de 2025 “mellorando así a competitividade e facendo posible que todo o mundo desenvolva un proxecto laboral e de vida alá onde decida residir”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?