Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae formou 35.000 persoas e entrevistou a 14.000 ao longo dos seus 18 anos de traxectoria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae formou 35.000 persoas e entrevistou a 14.000 ao longo dos seus 18 anos de traxectoria

S. P.
Publicado: 26/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

vitae_aniversario_2024.jpgA consultora tecnolóxica Vitae está estes días de celebración, conmemorando os seus 18 anos de actividade achegando formación avanzada ás empresas e aos profesionais dos sectores innovadores galegos e estatais. Co obxectivo de festexalo, a consultora elaborou un vídeo que xa podemos reproducir na Rede e no que se fai un resumo dos principais fitos acadados ao longo deste tempo, debullando algúns dos seus grandes proxectos en materia de recursos humanos enfocados no sector TIC.
Entre os fitos principais, Vitae enumera os seguintes: 35.000 persoas formadas e 14.000 entrevistadas dende o 1 de abril de 2006 (cando Vitae comezou a realizar entrevistas nos procesos de selección só por teléfono ou en liña con Skype).
Seguindo cara adiante no tempo, en 2007 a consultora implantou o modelo de teletraballo a tempo completo e en 2008 desenvolveuse o primeiro curso in company sobre Os piares da Saúde mental no traballo, baseado na Psicoloxía Cognitiva, para unha importante consultora TI da nosa terra.
En 2009 Vitae impartiu o primeiro curso de Xestión de Proxectos con PMI e o primeiro curso de Scrum en aberto en Galicia.
En 2010 realizou a primeira Guía Salarial do Sector TIC en Galicia coa axuda do CITIC.
En 2011 desenvolveu un estudo sobre retribución fixa e variable dos profesionais comerciais das empresas TIC Galegas. Ademais realizou a primeira selección do seu primeiro CEO (director executivo) para unha importante empresa TI Galega.
vitae_aniversario.jpgEn 2012 impartiu o primeiro curso en aberto en Galicia de Big Data e de Machine Learning.
En 2013 levou a cabo o primeiro evento en Galicia de Xestión de Proxectos Preditivos vs Áxiles coa UVigo e o CITEXVI.
En 2014 impartiu o primeiro curso na nosa terra de Power BI con Excel. Tamén un curso en aberto de Psicoloxía Cognitiva na Empresa para mellorar a saúde psicolóxica das nosas profesionais TIC.
En 2015 realizou selección de persoal e formación para máis de 50 empresas TIC e para tres das multinacionais máis grandes do mundo, todas elas con máis de 300.000 empregados
En 2016 impartiu a 4ª edición do curso de Técnicas e Habilidades Humanas na Toma de Requisitos para Proxectos TI.
En 2017 realizou a 9ª edición do curso Avaliación e Selección Avanzada de Perfís TI e chegou ao número de 2.000 profesionais TI seleccionados aos seus clientes.
En 2018 impartiu a primeira edición en Galicia do curso Desenvolvemento Seguro ante Ciberataques.
En 2018 estreou na nosa comunidade o primeiro curso en Galicia de Intelixencias Múltiples aplicadas á Empresa.
En 2020 comezou a impartir cursos 100% en liña. Tamén celebrou a 6.ª edición do curso Certificación en Fundamentos de Testing ISTQB e a 36.ª edición do curso de Scrum e a 21.ª do curso de PMI.
En 2021 impartiu a 1.ª edición do curso Autocoñecemento do Perfil Profesional.
En 2022 organizou por vez primeira en Galicia un curso de computación cuántica. Neste mesmo ano impartiu o curso de Certificación do Modelo de Comportamento Humano DISC.
En 2023 desenvolveu a segunda edición do curso de Habilidades de Comunicación en Equipos TI e impartiu a 2.ª edición do curso de Xestión de Conflitos.
En 2024 chegou á cifra de máis de 35.000 profesionais formados e á cifra de de 14.000 profesionais entrevistados nos procesos de selección.


Vídeo repasando os fitos dos 18 anos de actividade de Vitae Consultores

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?