Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adamo despregou fibra óptica en 540.000 fogares durante 2023
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adamo despregou fibra óptica en 540.000 fogares durante 2023

S. P.
Publicado: 27/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tecnico_adamo.jpgA operadora Adamo, centrada principalmente en achegar Internet de alta velocidade no rural, fixo balance dos seus labores de despregadura de fibra óptica en 2023, uns traballos que sumaron ao carro das telecomunicacións avanzadas a máis de medio millón de vivendas. Por municipios, ata 43 concellos galegos foron equipados con fibra de Adamo.
No balance faise saber que a operadora forneceu desta tecnoloxía a 540.000 fogares españois durante 2023, a maioría deles rurais. Desta maneira, a compañía alcanza os 2,7 millóns de inmóbeis conectados con Internet de alta velocidade ao longo e ancho do país.
Esa expansión produciuse nun total de 1.774 localidades, destacando Castela e León (con 582 poboacións que estrearon Internet ultrarrápida ou viron ampliada unha rede preexistente), Cataluña (con 380), Navarra (149), Castela-A Mancha, Andalucía (ambas as con 141), Cantabria (95) e Comunidade Valenciana (76). Considerando que hai algo máis de 8.000 municipios en España, Adamo realizou operacións o ano anterior en case 1 de cada 4 deles.
Así mesmo, levou a cabo eses traballos estruturais en 13 das 17 comunidades autónomas.
Para lograr ese crecemento, o operador tivo que tirar máis de 13.000 quilómetros de fibra óptica, ben por vía subterránea, externa (protexida por tubos) ou unindo postes (despregadura aérea). Só en Castela e León e en Galicia foron 3.000 e 2.000 quilómetros respectivamente. Mentres que, en Andalucía, Adamo estendeu 1.400 quilómetros desta tecnoloxía; en Asturias, 1.300; e na Comunidade Valenciana, 1.200. Pola súa banda, Cataluña e Castela-A Mancha chegaron aos 1.000 quilómetros de fibra óptica durante o exercicio anterior.
Unha gran parte da vasta rede da empresa sitúase en cidades medianas e pequenas, en zonas apartadas e, mesmo, en áreas despoboadas. Trátase, en numerosos casos, “de territorios afectados polo temido fenómeno do despoboamento”, sinala Adamo no seu informe, certificando o seu obxectivo de “non deixar a ninguén atrás” e “consolidarse como o operador especializado no ámbito rural español”.
Por certo que a conexión que proporciona a compañía (de ata 1.000 Mbps) posibilita realizar con garantías actividades que hoxe resultan habituais: teletraballo, educación online, compras por Internet, citas médicas telemáticas ou gozar de videoxogos, series e películas en remoto, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?