Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Lab Barbanza do Concello de Boiro dá a benvida a novos proxectos empresariais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Lab Barbanza do Concello de Boiro dá a benvida a novos proxectos empresariais

S. P.
Publicado: 27/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

emprende-lab-barbanza-coworking-boiro-900x467.jpgCo comezo da primavera, o Lab Barbanza do Concello de Boiro, centro de traballo innovador da comarca integrado na Rede de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da Coruña, deu a benvida a novos proxectos empresariais cos que seguir dinamizando o emprego e o emprendemento. Neste punto tamén servirá de impulso a subvención acabada de recibir polo Concello dende a Deputación.
Entre as novas incorporacións ao espazo hai unha startup con enfoque tecnolóxico orientado a mellorar os procesos industriais e de cultivo; unha empresa que vai desenvolver un proxecto que busca ofrecer servizos dende unha perspectiva ambiental responsable; e tamén unha empresa de mercadotecnia (marketing).
A subvención recibida está destinada ao financiamento da asistencia técnica que ofrecerá servizos de asesoramento e acompañamento ás empresas instaladas no espazo, así como aquelas novas que desexen formar parte do coworking e que conten cun proxecto empresarial en fase de incubación ou preincubación.
As solicitudes para formar parte do espazo Lab Barbanza do Concello de Boiro están abertas e poden facerse presentando a solicitude no Rexistro Xeral do Concello. As bases de participación están dispoñibles no regulameno do viveiro de empresas e zona coworking.

Lab Barbanza: dende 2021

lab_barbanza_boiro.jpg O programa de formación e aceleración Emprende-LAB Barbanza impulsado polo Concello e a Deputación, contando tamén coa colaboración da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), comezou a súa andaina en 2021 dando acubillo a 18 emprendedores da comarca.
O centro boirense está situado no Polígono de Espiñeira, propiedade do Concello, e conta con 283 metros cadrados de superficie útil distribuídos en 5 oficinas, sala de recepción, servizo de reprografía e sala para reunións, xestión e presentación de proxectos, así coma aseos e zonas comúns. O inmóbel dispón ademais de xardíns e zona de estacionamento exterior, insonorización, calefacción central de alta eficiencia enerxética, iluminación con LED de baixo consumo, conexión de telefonía e fibra óptica en todos os espazos e accesibilidade total para persoas con mobilidade reducida.
Entre as iniciativas emprendedoras seleccionadas na súa orixe atopábanse Fortem Hub, unha proposta formativa para persoas de colectivos vulnerables; Laflora, unha iniciativa para a produción musical e as iniciativas emprendedoras; Orenpay, que desenvolve unha aplicación móbil para o sector hostaleiro que permite ver a carta ou facer un pedido mediante códigos QR; E-commerce, de regalos personalizados, NadadeNada, un proxecto téxtil; Arándanos Barbanza, unha iniciativa de agricultura ecolóxica; Esteos, un proxecto de tecnolóxico baseado no Internet das Cousas para simplificar os procesos produtivos das empresas e minimizar custes; e GastroLab Arousa,
unha escola de cociña cun espazo gastronómico orientado á formación e ás
demostracións culinarias en directo. Tamén participaron Naturalmente, unha proposta de terapias alternativas para o coidado usando produtos naturais; e Fashion School, unha escola de corte e confeccións online.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?