Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O persoal das bibliotecas públicas galegas formaranse en novas tecnoloxías como ChatGPT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O persoal das bibliotecas públicas galegas formaranse en novas tecnoloxías como ChatGPT

S. P.
Publicado: 01/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

istock_residencias_literarias.jpgA Xunta de Galicia organiza esta tempada seis formacións en liña destinadas ao persoal en activo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, así como para os traballadores das bibliotecas de arquivos e museos de xestión autonómica. A través destes cursos, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades busca impulsar o aprendizaxe continuado do persoal bibliotecario e afondar en novas tecnoloxías, como o ChatGPT, e as súas posibilidades no traballo diario destas entidades.
Cun investimento de 11.744 euros, desenvolveranse cursos sobre impacto bibliotecario, aplicacións móbiles e tecnolóxicas, novos espazos, desinformación e datos. Realizaranse durante os meses de abril, maio, xuño, setembro, outubro e novembro con duración de entre 30 e 40 horas e un total de 155 prazas.
A Xunta destaca novidades a formación sobre ChatGPT nas bibliotecas, sobre as súas aplicacións e estratexias de uso. Os obxectivos desta iniciativa, que se celebra entre o 27 de maio e o 28 de xuño cunha duración de 40 horas, son entender a fondo esta ferramenta, desenvolver habilidades en Intelixencia Artificial, mellorar a experiencia do usuario na biblioteca, facilitar a creación e manexo de contido dixital, fomentar a educación e alfabetización informacional, así como innovar en servizos bibliotecarios e integrar ChatGPT nas necesidades locais de cada espazo.
Inclúense este ano outras formacións novas como o curso de aplicacións móbiles para a biblioteca en abril, co que se pretender “reflexionar sobre a importancia da medición e da avaliación de todos os eidos dos servizos bibliotecarios”. Outra das novidades é o programa sobre a desinformación nas entidades bibliotecarias, fixado para o mes de outubro. Con este evento, o Goberno galego quere “achegar ferramentas ao persoal das bibliotecas para combater a desinformación e, así, configurar un proxecto propio contra esta”.
Así mesmo, a formación para sacar partido dos datos nas bibliotecas, que nas anteriores edicións se realizou de maneira presencial, desenvolverase en outubro e novembro e aportará aos participantes coñecementos sobre os conceptos básicos da colección, facilitará o desenvolvemento de tarefas cotiás e mostrará as vantaxes de contar con información para avaliar as prestacións do servizo.
Mantéñense actividades de amplo seguimento nos anos previos como o curso de aplicacións móbiles para a biblioteca, que se celebrará en maio. Nel os participantes aprenderán a “usar as aplicacións máis demandadas entre traballadores e usuarios”. Mentres, en setembro celebrarase a formación sobre os novos recunchos da biblioteca: lectura, tecnoloxía e arte, coa que se quere abordar a nova concepción espacial das bibliotecas e ofrecer propostas novidosas, aproveitando os novos recursos tecnolóxicos ao fomento da lectura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?