Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ponte Nas Ondas! celebra os seus 29 anos de andaina difundindo o seu modelo de boas prácticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ponte Nas Ondas! celebra os seus 29 anos de andaina difundindo o seu modelo de boas prácticas

S. P.
Publicado: 01/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ponte_nas_ondas-6.jpgA Asociación Ponte… Nas Ondas! vai celebrar esta tempada os seus 29 anos de historia, e farao con actividades que porán o foco na difusión do seu modelo de boas prácticas (recoñecido pola UNESCO), un modelo que fai fincapé nas posibilidades das novas ferramentas de comunicación e nos novos formatos (podcast) para impulsar a creatividade, o diálogo e a confraternidade entre a rapazada de Galicia e Portugal.
A orixe
Un 29 de marzo de 1995 as escolas das dúas beiras do Miño, naquel entón apenas 15, celebraban a inauguración dunha ponte internacional entre Salvaterra e Monção cunha xornada “experimental” de radio escolar. Esta xornada foi realizada integramente por alumnado de escolas galegas e portuguesas desde dous estudios radiofónicos, o da emisora Ecos da Raia de Monção e os estudio escolar instalado na biblioteca da Casa da Cultura de Salvaterra.
“Aquelas 13 horas de radio crearon nas comarcas veciñas un impacto que transcendía non só o ámbito escolar senón tamén as fronteiras que se rachaban nas ondas e que a ponte física viña unir”, sinala o equipo impulsor da asociación, que lembra que dende entón “a experiencia de Ponte… Nas Ondas! foi evolucionando e marcando fitos que xa forman parte da historia de Galicia e de Portugal”. Por exemplo a creación en 1998, na terceira edición da xornada radiofónica, da primeira emisión de radio por Internet. Ou, en 2004, o impulso á candidatura das tradicións orais galego portuguesas ás Obras Mestras do Patrimonio Cultural Inmaterial, a primeira candidatura mundial a UNESCO promovida por centros educativos de dous países. Ou, tamén, a inscrición como modelo de boas prácticas de PNO! por parte da UNESCO.
Presentación en Lisboa
ponte_nas_ondas_celebracion_desdobr._verso.jpg Unha delegación de PNO! viaxará a Lisboa do 2 ao 3 de maio para presentar o modelo no Centro Galego e no instituto Ginés de los Ríos. Un grupo de alumnado do IES de Salvaterra de Miño realizará un magazine radio-visual conxuntamente con alumnado portugués coa participación de persoas portadoras do PCI e a intervención dunha representación musical galega e portuguesa con convidados como o Cuarteto Caramuxo, a cantante Uxía, João Afonso e António Zambujo.
Coa vista no 30 aniversario
A Asociación prepara a celebración no próximo ano do 30 aniversario no que haberá unha participación dos centros educativos que xa forman parte da rede e tamén doutras entidades que veñen colaborando coa experiencia como as universidades, as emisoras de radio e outras institucións como a AECT do Río Miño, o Consello da Cultura Galega, as Deputacións de A Coruña e Pontevedra e a Xunta de Galicia.
O Centro do Patrimonio
O edificio da vella alfândega de Valença do Minho prepárase para acoller un centro de referencia para o patrimonio común galego-portugués e no que a experiencia de PNO!, impulsora do proxecto, vai ter unha participación destacada para dinamizar o espazo e para convertelo nun punto de encontro para as actividades culturais e educativas de Galicia e do Norte de Portugal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?