Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xuventude de Santiago leva aos centros educativos un programa de prevención da adicción ás pantallas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xuventude de Santiago leva aos centros educativos un programa de prevención da adicción ás pantallas

S. P.
Publicado: 01/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

concello_santiago_adiccions.jpgA Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude de Santiago puxo en marcha un programa que favorece un uso enriquecedor e saudable dos novos dispositivos poñendo o foco na prevención de adicción ás pantallas, que se vai desenvolver nos centros educativos de Compostela ao longo deste trimestre.
Na presentación do programa, a concelleira María Rozas explicou que o obxectivo “é responder a unha demanda e unha preocupación crecente na comunidade educativa, tanto entre as familias como entre o profesorado e o propio alumnado”. Trátase, incidiu, “de reflexionar sobre o uso que se fai dos dispositivos, de identificar factores de risco, e de favorecer a convivencia en contornas dixitais”.
A edil estivo acompañada por Ramón Molina, educador social que dirixe a actividade, e por Manuel Fernández, técnico do departamento de Xuventude.
María Rozas explicou que a actividade “xorde doutros programas que a concellaría vén levando a cabo en centros educativos, nos que se percibiu a necesidade de afondar nas problemáticas relacionadas cos entornos dixitais, que non hai que demonizar porque son parte da realidade dos mozos e mozas, senón utilizar con determinadas pautas para garantir a seguridade e a convivencia”.
A acción desenvolverase nos centros educativos de Santiago, co alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO e con contidos específicos adaptados a cada grupo de idade. O obxectivo, dixo María Rozas, “é establecer unha serie de pautas e liñas de actuación de carácter preventivo que favorezan un uso seguro, responsable e saudable dos dispositivos dixitais, identificando situacións cotiás que poden estar vencelladas a unha sobreutilización ou un uso problemático das pantallas”. Tamén se pretende “promover unha convivencia respectuosa en contornas dixitais, cada vez máis importantes nas relacións entre a infancia e a nenez, así como propiciar que o propio alumnado reflexione sobre as vantaxes e os inconvenientes asociadas ás tecnoloxías da información e da comunicación, introducindo tamén os primeiros criterios de autocontrol do uso dos dispositivos”.
Pola súa banda, Ramón Molina explicou que “os obradoiros comezarán con conversas diagnósticas, nas que se determinan cales son as situacións de partida de cada grupo e cal é a utilización real que fan dos dispositivos”. A partir de aí, os obradoiros estarán adaptados a cada grupo de idade. No caso de 5º e 6º de Primaria, a actividade centrarase máis no uso dos videoxogos e do teléfono móbil, mentres que en 1º e 2º da ESO incidirase especialmente nos problemas de convivencia no espazo dixital, estudando casos prácticos e abordando de maneira específica o ciberacoso e o rol que desempeña cada un dos protagonistas desta problemática.
O traballo desenvolverase en grupos pequenos, para facilitar a reflexión e a participación do alumnado, e achegando sempre situacións prácticas que permiten que os mozos e mozas asuman as aprendizaxes con maior eficacia. Os obradoiros terán unha duración de dúas horas, que serán continuas no caso de Primaria e en dúas sesións no caso do alumnado de Secundaria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?