Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña aplicará IA e Big Data para o deseño da futura rede provincial de estradas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña aplicará IA e Big Data para o deseño da futura rede provincial de estradas

S. P.
Publicado: 02/04/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

deputacion_coruna_pleno_estradas.jpgO pleno da Deputación da Coruña aprobou este primeiro de abril (cos votos favorables de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños e abstención do PP), o primeiro plan estratéxico de estradas da institución, en palabras do Goberno provincial “un instrumento pioneiro que está destinado a ser a folla de ruta sobre a que planificar, mellorar e modernizar a xestión da rede de estradas da Deputación, conformada por un total de 421 vías con máis de 2.000 quilómetros de lonxitude e un tráfico de máis de 400.000 vehículos cada día”.
Ademais, o presidente Valentín González Formoso destacou que entre os principais obxectivos do plan figuran incrementar a seguridade de vehículos e peóns, racionalizar a rede viaria provincial, mellorar a conservación e o nivel de servizo das vías provinciais, apoiar o desenvolvemento do rural, mellorar a infraestrutura para o transporte público e incorporar as novas tecnoloxías á xestión da rede viaria. Esta transformación dixital levarase a cabo coa integración de ferramentas de IA (Intelixencia Artificial, Big Data e xemelgo dixital). O plan, que terá un marco temporal de cinco anos (2024-2029) e unha previsión orzamentaria de 210,5 millóns de euros, parte dunha radiografía da situación actual da rede de estradas e establece seis eixos de acción, doce obxectivos estratéxicos e 21 liñas de acción para a mellora na xestión da rede provincial de estradas.
Radiografía da rede
No estudo previo sinálase que fronte aos 571,73 quilómetros de estradas do Estado e os 1.725 quilómetros de estradas autonómicas cos que conta a provincia da Coruña, a Deputación xestiona un total de 2.060 quilómetros en 421 vías, o que supón que preto da metade de todas as estradas coruñesas son de titularidade provincial. Ademais, polas estradas provinciais circulan cada día máis de 400.000 vehículos e nos últimos anos (2019-2023) os datos de sinistralidade confirman un descenso dun 8% no número de accidentes e dun 5,8% no total de vítimas nestes (mortos, feridos graves e leves).
Racionalizar a rede viaria provincial
Un dos obxectivos do plan é racionalizar a rede viaria provincial, xa que 239 estradas discorren por un só concello e máis dun terzo destas teñen unha lonxitude inferior a un quilómetro. A Deputación recoñece que xestiona numerosos treitos de vías que na práctica “funcionan como rúas nos centros urbanos”, polo que “son susceptibles de ser transferidas aos concellos”, e “outras que conectan vías autonómicas ou enlazan con outras provinciais, polo que sería máis apropiada a súa transferencia á Administración autonómica”.
A Deputación contempla negociacións con Xunta e concellos para acordar as estradas susceptibles de transmisións mediante convenios, así como as súas condicións, e estima preto de 18,5 millóns para as transferencias a municipios e 29,1 para transferencias á Administración autonómica.
Para a entidade provincial, “a racionalización suporá tamén unha mellora da conservación das estradas, na que a Deputación inviste actualmente máis de 11 millóns de euros anuais, ao diminuír os quilómetros que hai que manter”.
Incrementar a seguridade e apoiar o desenvolvemento rural
Entre os obxectivos do plan está tamén “incrementar a seguridade das vías provinciais, incidindo nos usuarios e usuarias máis vulnerables como peóns e ciclistas, seguidos de motoristas, turismos e vehículos pesados”. Esta mellora da seguridade levarase a cabo con actuacións como a creación de itinerarios peonís seguros que se sumarán aos 380 quilómetros de beirarrúas e sendas peonís xa existentes; ampliación e mellora do trazado das vías, adecuándoas aos niveis de tráfico real que rexistran, melloras no plan de conservación e redución nos tempos de tramitación e execución das obras.
O capítulo de conservación de estradas é o que conta coa maior previsión orzamentaria (70,6 millóns de euros), seguido dos novos investimentos (47,1 millóns), mellora de firmes (15 millóns) e sendas peonís (11,1 millóns).
O plan incide tamén na “importancia dunha política axeitada de investimentos nas vías dos municipios rurais”, así como “contribuír a mellorar as condicións de uso do transporte público, que non é unha competencia provincial, mediante melloras de trazados e firmes ou adecuación de marquesiñas e paradas de bus”.
Transformación dixital e innovación
Ademais das melloras na rede viaria, o plan estratéxico de estradas incide na necesidade de potenciar a transformación dixital coa implantación da metodoloxía BIM (Building Infomation Modelling) que emprega modelos dixitais tridimensionais que conteñen información detallada dos distintos aspectos dos proxectos como son os xeométricos, datos de materiais ou custos, “logrando unha xestión máis eficiente”, explicaron dende o Goberno da Deputación, engadindo que “coa finalidade de mellorar tanto a planificación como a xestión diaria das actuacións na rede provincial de estradas, proponse a implantación de sistemas de Intelixencia Artificial, Big Data e xemelgo dixital, unha réplica virtual da estrada que combina datos en tempo real con modelos dixitais detallados”. Coa progresiva implantación destas tecnoloxías preténdese “por unha banda diminuír os erros de deseño e coordinación das obras e pola outra aumentar a cantidade de información dispoñible que posibiliten unha toma de decisións máis acorde ao estado real e uso das estradas”.
O investimento previsto no apartado de transformación dixital é de 1,1 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?