Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Ames difunde o Roteiro Maker na Red Innpulso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Ames difunde o Roteiro Maker na Red Innpulso

S. P.
Publicado: 02/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ames_cartaz_roteiro_maker.jpgO Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e innovación, elaborou un vídeo-resumo do Roteiro Maker co obxectivo de dar a coñecer esta iniciativa na Red Innpulso. O Roteiro Maker, unha furgoneta que organiza obradoiros itinerantes gratuítos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, visitou os colexios de Agro do Muíño, A Maía, Barouta e Ventín entre o 20 e o 23 de febreiro para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Con esta iniciativa, na que participaron arredor de 400 alumnos e alumnas de educación infantil e primaria, búscase dar a coñecer a figura das mulleres en diversas áreas científicas.
Entre o 20 e o 23 de febreiro, un Roteiro Maker con obradoiros científicos e tecnolóxicos percorreu os centros educativos amesáns para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia: o martes 20 estiveron no CEIP de Barouta, o mércores 21 no CEIP A Maía, o xoves 22 no CEIP Agro do Muíño, e o venres 23 no CEP de Ventín. Dende os centros de ensino solicitáronlle ao Concello que repitan esta actividade debido ao gran éxito que tivo entre o alumnado.
A través dos obradoiros do Roteiro Maker os nenos e nenas aprenderon sobre Realidade Aumentada ou robótica baixo un formato de actividades interactivas.
Para difundir esta iniciativa na Red Innpulso a empresa Mirabelle Comunicación Audiovisual elaborou un vídeo-resumo das actividades que se realizaron a través do Roteiro Maker nos centros de ensino. Esta iniciativa contribúe a destacar o papel de Ames dentro da Red Innpulso como cidade da ciencia e da innovación.
A concelleira de Promoción Económica e Innovación, Ana Belén Paz, destacou que “o Concello de Ames quixo poñer en valor un ano máis o Día da Muller e a Nena na Ciencia que se celebrou o pasado 11 de febreiro. Con este obxectivo puxemos en marcha este Roteiro Maker, que percorreu durante esta semana catro colexios de Ames e no que participaron preto de 400 alumnos/as”.
Ademais, indicou “o balance desta iniciativa é moi positivo xa que os rapaces e rapazas participaron activamente nas actividades da Estación Espacial, adicada a Alyssa Carson; Estación Realidade Aumentada, centrada na figura de Ángela Ruiz; e Estación Experimentos dedicada a Jane Colden.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?