Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago e Javier Rocamora mostran como sacar partido das redes sociais para atraer clientes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago e Javier Rocamora mostran como sacar partido das redes sociais para atraer clientes

S. P.
Publicado: 03/04/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

camara_santiago_eficacia_redes_sociais.jpgA Cámara de Comercio de Santiago segue adiante coas súas actividades de transformación tecnolóxica para as pequenas e medianas empresas e as persoas autónomas da demarcación, centradas en axudalas a tirar proveito das novas ferramentas para incrementar presenza, competitividade e rendibilidade. O vindeiro 11 de abril a Cámara volverá convocar ao experto Javier Rocamora para impartir a xornada en liña (e gratuíta) Como mellorar a eficacia das redes sociais como ferramenta de atracción de clientes. Aproveita o Kit Dixital. Celebrarase en horario de 10.00 a 11.20 horas. Incluirá a presentación da Oficina Acelera PEME para o Kit Dixital de Red.es, da que forma parte a Cámara de Santiago.
Os contidos serán os seguintes: como auditar as redes sociais (que estou a facer e cales son os resultados?); como interpretar as estatísticas (en que datos teño que fixarme máis?); como definir o target (para quen estou a falar); como dar á imaxe e ao vídeo o papel principal que lles corresponde; como aproveitar o algoritmo das redes sociais; como aprender a escoitar antes de falar (que fan os meus competidores? de que falan os meus clientes?); como fomentar a interacción (tipos de interacción e xerarquía); como romper o efecto Friends and Family; como redeseñar a mensaxe; e como investir en publicidade nas redes sociais. Rematará cunha quenda de preguntas.
O relator será Javier Rocamora García, consultor autónomo especializado e con dilatada experiencia na mercadotecnia dixital, na xestión de redes sociais e no comercio electrónico desde 2008, operando baixo a marca comercial As 3 en Punto. Esta xornada está organizada pola Oficina Acelera PEME para o Kit Dixital da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?