Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: María Rivas debulla as vantaxes para a cidadanía que pon en xogo a app do Catastro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

María Rivas debulla as vantaxes para a cidadanía que pon en xogo a app do Catastro

S. P.
Publicado: 03/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mariva_rivas_catastro_app.jpgA subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, deu a coñecer esta mañá na Coruña a nova aplicación móbil que o Executivo central vén de poñer en marcha para facilitar á cidadanía as xestións coa Administración, Catastro_app. Fíxoo nunha visita á Xerencia Territorial do Catastro na Coruña, na que foi recibida pola súa xerente, Victoria Fernández Estevan; o xerente adxunto, Isidoro Miguel Pérez e a xefa da oficina de atención ao público, Ana Isabel Casquero, entre outras.
No acto, a subdelegada destacou que a nova app do Catastro “é unha ferramenta áxil e de doado acceso que permite ter na palma da man, para uso persoal, a información dos bens inmóbeis de cada quen e manterse ao tanto de calquera modificación que lles poda afectar”. Nesta liña, apuntou que a nova aplicación “é un exemplo máis da transformación dixital pola que está a apostar este Goberno”, que, con iniciativas como Mi carpeta Ciudadana ou esta nova aplicación do Catastro, financiadas con cargo ao Plan de Recuperación, “está a brindar novos servizos móbiles de calidade para os principais servizos públicos e a colocar de unha vez á Administración no século XXI”.
Segundo engadiu, Catastro_app permite “reunir e personalizar en cada dispositivo móbil información dos inmobles urbanos e rústicos dos que sexa titular”. Para acceder á mesma será necesaria a identificación a través dos diversos sistemas establecidos como Cl@ve PIN, Cl@ve permanente, o certificado electrónico ou, en caso de non dispoñer de credencial electrónica, introducindo o DNI ou NIE e a referencia catastral do inmoble da súa titularidade.
Entre as funcionalidades da nova aplicación está o sistema de avisos, que alerta de calquera alteración catastral das nosas fincas; a visualización dos mesmos a través de mapas interactivos ou a localización GPS das parcelas, á que se poden engadir fotografías, esbozos, anotacións ou debuxar sobre elas. Esta información poderase descargar en formato PDF no móbil e será unicamente para uso persoal, sinalou Rivas.
María Rivas celebrou a boa acollida que están a ter a aplicación, con máis de 70.000 descargas no seu primeiro mes de vida, e o sistema de avisos, con preto de 45.000 subscricións e máis de 2.500 avisos xerados, ao tempo que recoñeceu o traballo desenvolvido na oficina física da Coruña, que o pasado ano atendeu un total de 11.057 consultas (1.683 delas telefónicas) e emitiu 4.111 certificacións, ás que hai que sumar as 343.877 emitidas desde a sede electrónica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?