Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Todo sobre a XIII edición de FalaRedes (Política Lingüística) no Portal da Lingua
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Todo sobre a XIII edición de FalaRedes (Política Lingüística) no Portal da Lingua

S. P.
Publicado: 03/04/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

240403_falaredes_17c.jpgA Secretaría Xeral de Política Lingüística puxo en marcha (un ano máis) o programa de dinamización lingüística nos concellos FalaRedes, pensado para encher o tempo de lecer con actividades en galego entre os máis de 200 municipios e agrupacións pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística. Así o anunciou este 3 de abril, no Pazo de San Roque de Santiago, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que participou na presentación da programación da XIII edición desta iniciativa cuxas actividades poderemos ir consultando ao detalle na axenda do Portal da Lingua, onde se irán actualizando conforme se pechen as actuacións.
García, que estivo acompañado dunha ampla representación das compañías participantes nesta edición, incidiu na importancia deste programa, “un dos máis sólidos deste departamento”, que segue medrando cada ano coa incorporación de novos concellos e agrupacións á Rede, “o que fala do atractivo desta iniciativa creada co obxectivo de ampliar a oferta de ocio en galego e promover o uso e valorización positiva da lingua entre todos os rangos de idade da cidadanía”.
Segundo informou FalaRedes 2024 está a programar polo de agora preto de 150 pases de 12 actividades de ocio diferentes que inclúen música, teatro, monicreques, obradoiros e mesmo unha exposición. Desenvolveranse a partir deste mes e ata pasado o verán entre distintos concellos e entidades da rede.
Programación para abril e maio
A edición ábrese este domingo 7 de abril en Allariz co primeiro pase de Made in Galiza, o espectáculo teatral de Séchu Sende que reflexiona sobre a actitude das persoas falantes respecto da súa propia lingua. Despois, a obra visitará os concellos de Viveiro, Negreira, Padrón e Bueu.
Tamén arredor da lingua xira a exposición Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir, que visitará Boiro, Betanzos, Ribadeo e Cambados entre abril e maio. Composta por nove paneis, a mostra recolle diversas peculiaridades do galego co fin de mostrar o seu valor e a súa riqueza.
Ademais, co gallo das Letras Galegas, o FalaRedes programa dúas accións arredor da figura de Luísa Villalta, autora homenaxeada este 2024: o espectáculo multidisciplinar Indóciles, que mestura poesía, música e narración oral da man de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, e o teatro de monicreques Isaura e Tristán. Contahistorias, de Fantoches Baj, unha peza teatral para público familiar creada a partir do derradeiro libro de Villalta, As chaves do tempo.
Actividades programadas para o verán
A partir do mes de maio, o Falaredes ampliará a axenda con máis actividades culturais dirixidas á mocidade, como o espectáculo multidisciplinar Ópera Break´s que, coincidindo co ano en que o breakdance chega aos Xogos Olímpicos, mestura obradoiros e representacións musicais; a peza teatral Wombo Combo, de Galeatro, que reflexiona sobre as vidas virtuais e a soidade na adolescencia, ou os obradoiros de banda deseñada, que achegarán a rapazada aos elementos da linguaxe narrativa visual do cómic da man de profesionais como Inés Vázquez, Alberto Guitián ou Manel Cráneo.
A música tamén será protagonista desta programación con espectáculos como Cantigaéverso, de Castro e Welincki, que repasa os clásicos da poesía galega musicada; o espectáculo infantil Picadiscos Mari Faltri, no que María Faltri brinda á cativada unha escolla da mellor música infantil en galego; as sesións de DJ en Galicia en Galego, que achega os principais expoñentes da música galega nos seus máis diversos estilos da man de artistas como Carlos Crespo ou Kris K Dj, e o concerto Alalás e cantigas do camiño de Santiago, que reúne no escenario á cantante Uxía con Sergio Tannus e Germán Díaz.
Tamén participa nesta edición de FalaRedes a familia máis famosa da literatura infantil galega, Os Bolechas, que visitarán medio centenar de concellos galegos cos seus espectáculos e ruadas arredor do deporte e a cultura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?