Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha tese salienta os beneficios de aplicar Realidade Aumentada nos estudos de Enfermaría na USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha tese salienta os beneficios de aplicar Realidade Aumentada nos estudos de Enfermaría na USC

S. P.
Publicado: 03/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

realidade_aumentada_medicina_enfermeria_usc.jpgHai varios anos a Facultade de Enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela comezou a empregar a chamada Realidade Aumentada, o conxunto de tecnoloxías que permiten que unha persoa visualice imaxes do mundo real a través dun dispositivo que integra contidos dixitais como datos ou imaxes complementarias. Dende a Facultade de Enfermaría da USC esta RA era empregada de xeito experimental e o resultado do traballo realizado desde o curso 2019/2020 vén de ser analizado polo profesor dese centro Carlos Rodríguez Abad na súa tese Impacto de la realidad aumentada en la adquisición de competencias del grado de Enfermería.
Indo ao miolo desta investigación, dicir que foi dirixida pola profesora da Facultade de Enfermaría Raquel Rodríguez González (pois foi nese centro onde se desenvolveu a experiencia co estudantado) e pola profesora da Facultade de Ciencias da Educación Josefa del Carmen Fernández de la Iglesia (pois neste centro deseñouse a estratexia e estableceuse a mellor maneira de levala á práctica).
As experiencias coa RA na Facultade de Enfermaría comezaron co estudo das úlceras de extremidade inferior, o tipo máis común de feridas crónicas, que “constitúen un grave problema de saúde a nivel mundial”, segundo indica o profesor Rodríguez Abad, quen lembra que se agarda “un marcado incremento da prevalencia nos vindeiros anos que pode constituír unha ameaza para a saúde pública e tensionar os sistemas de saúde que terán que asumir un sobrecusto importante derivado da atención aos pacientes que as presentan”. Unha metodoloxía docente baseada na Realidade Aumentada perfilouse como a máis axeitada para a aprendizaxe da valoración e tratamento destas úlceras, pois é “unha ferramenta tecnolóxica prometedora naqueles casos onde se necesite unha visión tridimensional ou inmersión na práctica”.
A aplicación das tecnoloxías de Realidade Aumentada para a abordaxe das úlceras de extremidade inferior realizouse mediante o emprego de tabletas e teléfonos móbiles intelixentes e recentemente tamén se ampliou o seu uso para a aprendizaxe da electrofisioloxía cardíaca e electocardiografía. Carlos Rodríguez Abad constata que existen “dificultades técnicas para desenvolver materiais docentes”, polo que este tipo de tecnoloxías non se empregan aínda de maneira masiva, pero nos casos nos que si se fai “os resultados son prometedores” e lógrase “maior rendemento académico, niveis máis altos de motivación na aprendizaxe do alumnado, traballo máis autónomo e unha maior atención ás explicacións”.
Engadir que, dende hai pouco, a Facultade de Enfermaría compostelá conta cunha sala de simulación na que se recrearon escenarios coma a atención de doentes nos servizos de Urxencias ou na súa reanimación, o que incrementa as posibilidades de empregar as novas tecnoloxías para obter mellores resultados de aprendizaxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?