Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Francisco Bellas (CITIC) achéganos este 4 de xuño ao impacto da IA nas aulas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Francisco Bellas (CITIC) achéganos este 4 de xuño ao impacto da IA nas aulas

S. P.
Publicado: 04/04/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

francisco-bellas-citic-869x1024.jpgNo marco do ciclo de conferencias divulgativas que leva por título Tecnoloxía con sentidiño, o investigador do CITIC Francisco Bellas achegaranos o vindeiro 4 de xuño unha charla sobre a transformación da práctica docente baixo o epígrafe: Educación na era da Intelixencia Artificial: vaiamos a modo. A conferencia poderase seguirse tanto de xeito presencial, no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, e en streaming a través da canle de Youtube da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades.
O investigador do CITIC, Francisco Bellas, leva máis dun lustro traballando no desenvolvemento de currículos e ferramentas para a educación en Intelixencia Artificial (IA), un ámbito no que o uso das tecnoloxías está sendo obxecto dun amplo debate na actualidade. Considera que a formación en IA debe estar incluída no Plan de Educación Dixital, ten que comezar na Educación Primaria e cubrir tódalas etapas posteriores, xa que esta vai ser fundamental para as futuras xeracións. Igualmente, cre que “é necesario unha formación nas bases da IA debe ter como primeiro destinatario ao profesorado, que debe comprender que é, as súas vantaxes e os seus riscos, porque eles (os docentes) son os primeiros que deben ter eses coñecementos para formar ao alumnado”. Porén, necesitan un plan estruturado, medios e apoio para levalo a cabo”, sinala Bellas.
Proxectos educativos
O CITIC a través dos seus investigadores Francisco Bellas e Sara Guerreiro, atópase traballando en diversos proxectos de Intelixencia Artificial no ámbito educativo, que abranguen dende a Primaria ata a Universidade, incluída a Formación Profesional. Dous deles forman parte do programa da UE Eramus+, que permitiron á UDC crear unidades formativas de IA que logo se aplicaron en centros escolares de varios países europeos. Así mesmo, os investigadores forman parte dun grupo de traballo da Consellería de Educación para o deseño de contidos e materias de IA para o currículo oficial.
Neste senso, a alfabetización en IA para a mocidade é unha das estratexias claves para o CITIC da UDC, que conta con diversas liñas de investigación destinadas a favorecer a divulgación, integración e o uso axeitado das novas ferramentas tecnolóxicas, entre elas o robot educativo Robobo, que se desenvolveu para dar resposta a escaseza a de instrumentos neste ámbito. Porque, tal e como sinala Francisco Bellas, “o impacto da IA require tempo. Primeiro hai que facer unha análise ética para ver como esas ferramentas se van incorporando na educación, pero sempre dun xeito paulatino. As ferramentas de IA deben axudar no proceso, é dicir, o alumno debe aprender coa IA, non que a IA aprenda por el”. Precisamente, neste punto vai incidir a conferencia que o investigador do CITIC imparta dentro do II Ciclo de Cultura Científica promovido pola Xunta de Galicia, coa finalidade de analizar distintos aspectos relacionados co uso das tecnoloxías nas aulas e súa relación coa aprendizaxe dos estudantes, que comeza este xoves 4 de abril en Santiago de Compostela.
No marco deste ciclo Tecnoloxía con sentidiño, o investigador falará como dixemos sobre Educación na era da Intelixencia Artificial: vaiamos a modo.
Francisco Bellas recorda que o impacto da IA na educación ten “especial relevancia, xa que cambiará o xeito de ensinar coa tecnoloxía” , sen perder de vista que “o profesor debe estar sempre no centro”. Tamén destaca que coas ferramentas da IA pasará “como no seu día coa calculadora, que acabarán sendo un apoio no proceso de aprendizaxe”. Neste senso considera que intelixencias xerativas como o ChatGPT “deben integrarse no sistema educativo xa que a súa prohibición non será posible, pero para iso será necesario cambiar parte das metodoloxías actuais”.
E engade: “Veñen tempos de cambio, pero poden xerar moitas oportunidades. Eu estou convencido que se se poñen os medios necesarios o profesorado subirase á roda da IA”, conclúe o investigador do CITIC, quen resalta a aposta do Centro de Investigación en TIC da UDC pola integración da Intelixencia Artificial en todos os niveis educativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?