Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da USC dixitalizan as 1.700 cantigas da lírica profana galego-portuguesa que se coñecen
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da USC dixitalizan as 1.700 cantigas da lírica profana galego-portuguesa que se coñecen

S. P.
Publicado: 05/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

investigadores_galegos_dixitalizan_as_1.700_cantigas_da_lirica_profana_galego-portuguesa_que_se_conecen_pergamino_sharrer.jpgA base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa (PalMed) vén de ser creada polo Grupo de Investigación de Románicas da Universidade de Santiago xunto co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e co financiamento do Ministerio de Economía para a súa posta en marcha. Este proxecto, realizado grazas aos progresos tecnolóxicos acadados nas últimas décadas no eido das Humanidades Dixitais, é froito do traballo dun equipo multidisciplinar liderado polas catedráticas de Filoloxía Románica Mercedes Brea e Pilar Lorenzo Gradín, xunto ao doutor Antonio Fernández Guiadanes e o informático Carlos Sánchez.
Unha das investigadoras principais deste proxecto é Carmen de Santiago, responsable dunha boa parte das tarefas relativas á codificación e marcaxe dos textos. Segundo Carmen, PalMed achega a transcrición paleográfica de todas as cantigas que chegaron ata os nosos días, dito doutro xeito: a transcrición literal dos textos tal e como están copiados nos cancioneiros. As transcricións van acompañadas das imaxes dos manuscritos e engádese información sobre os caracteres orixinais naqueles casos nos que a súa lectura resulte complexa (sistema de abreviaturas empregado polos distintos copistas dos códices). “Trátase dunha base de datos pioneira a nivel internacional, xa que non existe outra igual de conservadora e coas mesmas características para ningunha tradición literaria medieval”, di a investigadora.
Esta base de datos recolle todas as cantigas da lírica profana galego-portuguesa que se coñecen na actualidade, unhas 1.700. A investigadora explica que unha mesma cantiga pode estar copiada en varios códices e que hai variacións duns a outros, elevando o número a 3.200 documentos.
“O que diferencia a PalMed do resto das transcricións en liña é que, a través dunha sinxela web de acceso libre, ofrece a posibilidade de acceder a todos os testemuños que nos legou a poesía dos nosos trobadores e xograres medievais desde distintos niveis de consulta”, sinala a investigadora.
Cómpre salientar que está páxina ofrece información que pode ser de interese para distintos sectores da sociedade, sobre todo docentes e estudantes de diferentes niveis educativos, en particular universitarios. Faise fincapé no feito de que non se trata dunha transcrición de textos ao uso, senón que se achega información de cada palabra, de cada verso, e para poder engadir esta información cómpre codificala. Os investigadores poñen de relevo que “a precisión na codificación dos datos permitirá adaptar este sistema á dixitalización doutras tradicións literarias medievais”.
Segundo engaden, “esta ferramenta concibiuse como un complemento de MedDB, a Base de datos da lírica profana galego-portuguesa que nos anos 90 puxo en liña as edicións críticas de referencia de todas as composicións dos trobadores”. Esta base de datos, explican, achega información de tipo literario, relativa ao contido das cantigas, mentres que “a nova ferramenta que desenvolvemos é unha transcrición dos textos, que permite, por exemplo, facer estudos gráficos, gramaticais ou editorais”.
Así mesmo, con MedDB e PalMed ponse en valor o traballo dos paleógrafos e dos filólogos, dado que o usuario interesado na lectura das cantigas e na visualización de manuscritos deste tipo será consciente do labor previo que require ofrecer en liña dito material, apunta Carmen de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?