Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC e a Deputación de Pontevedra organizan unha novo ciclo de divulgación cientifico-tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC e a Deputación de Pontevedra organizan unha novo ciclo de divulgación cientifico-tecnolóxica

S. P.
Publicado: 09/04/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ciclo_aida_rios_ragc_deputacion_pontevedra_2.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra promoven a quinta edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, froito dun convenio de colaboración entre as dúas entidades. A través desta iniciativa búscase “conectar ao gran público con temas de actualidade científica que teñen unha notable repercusión social e, ao mesmo tempo, dar a coñecer o importante labor de investigación que se leva a cabo na nosa comunidade en diferentes eidos”, sinalan as dúas entidades, engadindo que as actividades desenvolverase a partir da vindeira semana, ao longo dos meses de abril, maio e xuño.
Dende 2020
A RAGC puxo en marcha este ciclo no ano 2020 en homenaxe á investigadora, bióloga oceanógrafa e académica Aida Fernández Ríos, falecida en 2015, co propósito xeral de difundir a ciencia e a tecnoloxía. O presidente da RAGC, Juan Lema, manifesta o seu “agradecemento á Deputación de Pontevedra, en particular ao seu presidente, Luis López Diéguez, polo seu compromiso coa divulgación científica e a súa colaboración coa Academia, de cara a favorecer que o conxunto da poboación coñeza a importante investigación que se realiza en Galicia desde os eidos máis diversos”. E sinala que “iniciamos este quinto ano con moita ilusión, buscando temas con grande alcance social e seleccionando aos mellores expertos e expertas para transmitilos”.
Trataranse desde avances médicos, economía oceánica sustentable, benestar psicolóxico, Intelixencia Artificial, ata o estudo dos fósiles en Galicia
O ciclo constará dun primeiro bloque de seis sesións online dirixidas ao público en xeral, coa participación de oito recoñecidos investigadores e investigadoras. Abordaranse temáticas tan diversas e actuais como os avances en epidemioloxía e terapia, a economía oceánica sostible, o benestar psicolóxico e a produtividade, a Intelixencia Artificial e o Procesamento da Linguaxe, as escavacións paleontolóxicas en Galicia ou a inmunoterapia vencellada ao cancro.
As primeiras conferencias do ciclo serán o 18 de abril. Mª Luz Couce, directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), abordará a importancia do cribado neonatal. Pola súa parte, Eva Poveda, directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), centrarase nos avances e retos actuais no estudo do VIH.
O 25 de abril intervirá Jesús Salgado, catedrático de Psicoloxía do Traballo e Recursos Humanos, decano da facultade de Relacións Laborais da Universidade de Santiago. Explicará o valor do benestar psicolóxico na sociedade actual, poñendo en relación o equilibrio emocional co desempeño no traballo.
Na xornada do 16 de maio contarase coa participación de Sebastian Villasante, doutor en Economía Aplicada do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) da Universidade de Santiago. Falará sobre a relevancia dos alimentos mariños para a saúde do planeta e o benestar da humanidade.
O 23 de maio a relatora será Silvia García, investigadora do Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo. Achegarase ás aplicacións da Intelixencia Artificial para o Procesamento da Linguaxe Natural, abordando as novas tendencias e os desafíos actuais que presenta esta tecnoloxía.
A xornada do 30 de maio estará dedicada ás escavacións paleontolóxicas que se realizan en Galicia. Para iso contarase coa participación de Aurora Grandal, profesora de Paleontoloxía e investigadora do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal da Universidade da Coruña.
A derradeira xornada deste ciclo celebrarase o día 6 de xuño. Por un lado, abordaranse os biomateriais na loita contra o cancro, da man de Bárbara Blanco, investigadora do Instituto de Materiais da Universidade de Santiago. Ademais, afondarase en novos paradigmas no tratamento do cancro a través das denominadas células CAR-T, tema sobre o que falará Mariona Baliu, responsable do Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia.
A inscrición para participar gratuitamente en todas as conferencias debe realizarse a través da web da Deputación de Pontevedra. Os participantes poderán solicitar un certificado de asistencia.
O ciclo consta dun segundo bloque de conferencias en institutos de Secundaria e Bacharelato, que se celebrarán a longo dos vindeiros meses. Estas charlas teñen como finalidade achegar a ciencia á poboación máis nova e fomentar as vocacións científicas. Impartiranas recoñecidas investigadoras e investigadores da nosa comunidade, que abordarán temas moi atractivos para a rapazada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?