Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Altia pechou 2023 cunha cifra de negocio de 241 millóns, un 44% máis que no período anterior
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Altia pechou 2023 cunha cifra de negocio de 241 millóns, un 44% máis que no período anterior

S. P.
Publicado: 09/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Constantino Fernández, presidente do Grupo Altia
Constantino Fernández, presidente do Grupo Altia
A empresa tecnolóxica Altia, con sede en Oleiros, fixo balance dos fitos acadados en 2023: un reconto de cifras entre as cales destaca a relativa á cifra de negocio, que foi de 241 millóns de euros, un 44% máis que en 2022.
Segundo explicaron fontes da empresa TIC, con estes resultados “fomos quen de bater todos os rexistros obtidos desde a constitución do grupo, e son debidos ao crecemento xeral das nosas liñas de negocio e á consolidación das contas das compañías incorporadas en 2022”.
O EBITDA de Altia foi de 25,2 millóns de euros e o beneficio neto alcanzou os 15,4 millóns de euros, un 50,7% máis respecto ao obtido o ano anterior.
Respecto dos factores que motivaron estas cifras (as mellores da historia de Altia dende a constitución da firma hai tres décadas), Altia pon o foco no crecemento orgánico en todos os mercados, na consolidación completa das contas de Wairbut e Bilbomática (compañías incorporadas ao grupo en 2022) e no desenvolvemento de áreas estratéxicas como a ciberseguridade, analítica de datos e os servizos na nube.
Por outra banda, o beneficio neto ascendeu a 15,4 Mn€, un 50,7% maior que o do 2022 (10,2 Mn€), mentres que a marxe neta foi dun 6,4% fronte a un 6,1% do ano anterior. Desde unha perspectiva de balance, a compañía creceu un 6,6% respecto a 2022 (pasando de 143,6 Mn€ a 153,2 Mn€). “As principais magnitudes do balance corroboran a nosa boa saúde financeira, dispoñendo de recursos significativos, cun crecemento nos fondos propios do 19,7%”, sinálase no reconto.
En palabras de Constantino Fernández, presidente do grupo, “estes resultados resaltan o sólido crecemento da nosa cifra de negocio e posiciónannos con boa saúde no mercado TI xusto no ano no que estamos a celebrar o noso 30 Aniversario. Seguiremos avanzando con determinación e paixón nesta emocionante viaxe cara ao desenvolvemento persoal e profesional do noso equipo e cara ao crecemento dos nosos clientes, apostando sempre pola innovación e a sustentabilidade”.
Ignacio Cabanas, director económico-financeiro de Altia, sinala que “as sinerxías derivadas dos procesos de integración dos últimos anos fortaleceron os nosos resultados de maneira xeneralizada, con crecemento nos ingresos e unha mellora na rendibilidade, o que demostra a efectividade da nosa estratexia e o compromiso de todo o equipo humano cos obxectivos do grupo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?