Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 110 estudantes de ESO e Bacharelato de toda Galicia participarán na III Olimpíada Robótica de Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 110 estudantes de ESO e Bacharelato de toda Galicia participarán na III Olimpíada Robótica de Ferrol

S. P.
Publicado: 09/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Juan Manuel Rivas Rodríguez, coordinador da III Olimpíada Robótica
O profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Juan Manuel Rivas Rodríguez, coordinador da III Olimpíada Robótica
Este venres, 12 de abril, máis de 100 estudantes de ESO e de Bacharelato de distintos puntos de Galicia participarán de 9:30 a 14:30 horas, na III Olimpíada Robótica que organiza a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña. A competición terá lugar no pavillón cuberto do Centro de Educación Infantil Primaria de Esteiro e o acto de entrega de premios, previsto para as 14 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do campus ferrolán.
O alumnado participante, dividido en 26 equipos de entre tres e seis persoas, terá que superar tres retos: un Segue liñas con obstáculos, a proba do Varrendeiro e unha competición de sumo. No Segue liñas, o robot debe seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñan no seu camiño. Na proba do Varrendeiro, o alumnado terá que empregar algoritmos semellantes aos que empregan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro. Acadará a maior puntuación aquel equipo que consiga barrer todos os obxectos do taboleiro no menor tempo posible. Por último, na competición de sumo, os equipos medirán as súas forzas nun cara a cara no que deberán expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo.
Nesta III Olimpíada Robótica participará alumnado de secundaria e/ou de bacharelato do Colexio Plurilingüe Compañía de María e do IES Salvador de Madariaga da Coruña, do IES Saturnino Montojo, do Colexio Tirso de Molina e do Colexio Cristo Rey de Ferrol, do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha de Betanzos e do IES Perdouro de Burela.
Os nomes dos equipos e os colexios participantes son os seguintes: Os equipos RoboComp1 e RoboComp2 do Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña); o equipo Falacias do IES Salvador de Madariaga (A Coruña); os equipos Supermontis, Saturnianas e Montipython do IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña); o equipo de Noskponer do Colexio Tirso de Molina (Ferrol, A Coruña); o equipo Los ingenieros de la fe do Colexio Cristo Rey (Ferrol, A Coruña); os equipos Bolita, Tomate, RCP, 111, Hamburguesas Extintas, CAM, MJ63, Jamón Serrano, Los evidentes do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña); os equipos Bonito-Bot, Torques-Bot, Dalsy Laranxa, Marosa-Bot, Perdouro-Bot, Burela-Bot, Portelo-Bot, Cantiño-Bot e Reliño-Bot do IES Perdouro (Burela, Lugo).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?