Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae móstranos en maio todo o que debemos saber sobre as entrevistas condutuais estruturadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae móstranos en maio todo o que debemos saber sobre as entrevistas condutuais estruturadas

S. P.
Publicado: 09/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vitae_entrevista_traballo.jpgVitae Consultores organiza este mes de maio un curso que nos achega claves e metodoloxías útiles para mellorar os resultados dos procesos de selección de profesionais e formacións de equipos. Trátase de Deseño e Aplicación de Entrevistas Condutuais Estruturadas en Selección de Persoal, unha actividade formativa de 15 de horas de duración que se desenvolve os días 14, 15, 21, 22 e 28 de maio de 2024.
Segundo explica Vitae poñéndonos en contexto, a Entrevista Condutual Estruturada (ECE) é un dos métodos de selección de persoal con maior validez preditiva, o que a converte nun dos mellores instrumentos para avaliar o axuste das persoas aos postos e organizacións. A ECE, ademais, posúe unhas características diferenciadas das entrevistas convencionais e require adestramento previo tanto para o seu deseño como para a súa posterior aplicación “se queremos aproveitar todo o seu potencial como ferramenta de selección”, explican fontes de Vitae, engadindo que os obxectivos deste curso son coñecer o proceso de deseño dunha entrevista condutual estruturada e os elementos que a compoñen, saber aplicar unha entrevista condutual estruturada e a valoración das respostas, aprender a diferenciar as respostas convencionais das respostas condutuais dunha entrevista, e coñecer as estratexias para obter respostas condutuais.
vitae_instagram23.jpgO curso desenvolverase en formato de aula virtual durante 15 horas con clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta.
Os contidos serán impartidos por Silvia Moscoso, doutora en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrática de Psicoloxía do Traballo na Universidade de Santiago de Compostela. Foi Decana da Facultade de Relacións Laborais desde o ano 2012 ata o 2023. Ten catro sexenios de investigación e un de transferencia do coñecemento. Ademais, publicou máis de cincuenta artigos en revistas de prestixio como o Journal of Personality and Social Psychology, Journal of Applied Psychology, Personnel Psychology, International Journal of Selection and Assessment, European Journal of Work and Organizational Psychology ou o European Journal of Personality.
É co-autora de libros e capítulos de libros publicados en editoriais como Prentice-Hall, Edition dé Organization París, Routlege, Springer, Wiley-Blackwell, Psychology Press, Pirámide, Sainz e Torres. Investigadora principal en varios proxectos de investigación do Plan Nacional de I+D. Experiencia en xestión investigadora, foi coordinadora adxunta da AEI (Axencia Estatal de Investigación) para a área de Psicoloxía entre os anos 2012 e 2015.
Actualmente é editora asociada do Journal of Work and Organizational Psychology e membro do Editorial Board do Journal of Occupational and Organizational Psychology e do International Journal of Selection and Assessment.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?