Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra impulsará a economía de proximidade coa nova plataforma Move
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra impulsará a economía de proximidade coa nova plataforma Move

S. P.
Publicado: 11/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

move_deputacion_pontevedra.jpgA Deputación de Pontevedra publicou as bases para que comerciantes, hostaleiros e produtores e provedores locais de 19 concellos da provincia se adhiran á nova Rede de Comercio Local Move, que se pon en marcha no marco dos proxectos Da túa man (rural I e rural II).. O obxectivo desta iniciativa é “crear unha plataforma na que todos os axentes do comercio local estreiten vínculos con produtores e provedores e poidan tamén darse a coñecer, compartir e establecer relacións comerciais e novas oportunidades de negocio”.
A Deputación explicou que con Move favorecerase a visibilización dos produtos locais, especialmente no rural, así como os comercios e establecementos hostaleiros locais. Ademais, “contribuirase a estreitar relacións comerciais e realizar actuacións para a mellora da rendibilidade e produtividade dos negocios engadindo valor e fortalecendo a cadea de valor, así como axudando na xeración de ideas innovadoras e de establecemento e oportunidades de negocio”, sinalou a institución provincial.
A Rede de Comercio Local Move contará cunha parte pública (en move.gal) na que a cidadanía poderá acceder a contidos xerados polos comercios, hostaleiros e provedores locais, así como a outra información relacionada co fomento de estratexias de economía circular de interese, coma bases e convocatorias de subvencións. Ademais, contará cunha parte privada na que os membros da rede poderán compartir información dos produtos locais e establecer relacións comerciais; compartir coñecemento e boas prácticas; acceder aos titoriais; dar a coñecer os negocios e os produtos locais a través de vídeo-experiencias; ou, entre outras iniciativas, dispoñer de información e accións de formación e sensibilización.
A Rede Move está dirixida aos comercios locais, establecementos hostaleiros dos concellos adheridos aos proxectos Da túa man rural I (Arbo, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e Pontecesures) e rural II (A Guarda, A Illa de Arousa, Catoira, Covelo, Crecente, Moraña, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilaboa) e aos produtores e provedores locais da provincia, que poderán presentar as súas solicitudes de adhesión a través da Sede electrónica de Deputación. Nas bases, que se poden consultar no BOPPO, establécense as condicións que deben cumprir os establecementos e produtores para unirse á Move.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?