Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As tres universidades galegas acollen este venres o certame de programación AdaByron
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As tres universidades galegas acollen este venres o certame de programación AdaByron

S. P.
Publicado: 11/04/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ii_edicion_concuso_ada_byron_na_facultade_de_informatica_da_udc._2023_1_-2.jpgO certame de programación AdaByron Galicia celebrarase este venres día 12 de abril en tres recantos da xeografía galega. En concreto, desenvolverase en horario de tarde e de xeito simultáneo nos tres centros do Sistema Universitario Galego que imparten Graos en Enxeñería Informática (Facultade de Informática da UDC, Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC e Escola Superior de Enxeñaría Informática de UVigo).
A proba deste venres buscará os mellores equipos universitarios de programación competitiva entre os tres centros do Sistema Universitario Galego que ofertan o Graos en Enxeñaría Informática. Os mellores clasificados representarán a Galicia na X edición do Concurso Nacional, que se celebrará a comezos do mes de xullo na Facultade de Informática da Universidade Complutense de Madrid.
Nesta competición, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e as tres universidades galegas, poderán participar equipos de tres estudantes que cursen calquera dos grados que se imparten nos centros organizadores. Competirán durante catro horas, tentando resolver entre oito e doce problemas, de maior ou menor complexidade.
O CITIC da UDC colabora coa infraestrutura tecnolóxica do certame. A través dun servidor do centro, que a organización poderá monitorizar en todo momento, un xuíz virtual avaliará automaticamente as solucións aportadas polos participantes. O equipo gañador será aquel que consiga resolver o maior número de problemas. En caso de empate, gañará o equipo que desenvolvese as probar nun menor tempo total. O regulamento de participación polo que se rexe o concurso está baseado nas normas dos concursos rexionais do International Collegiate Programming Contest (ICPC).
O evento conta coa colaboración das empresas tecnolóxicas Apser, AWS, Clúster TIC Galicia, Denodo, Dinahosting, DXC Technology, PuntoGAL, GDI, Mindata, Minsailt, NTTData, Oracle, Sixtema e Veritas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?