Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN celebra o 25 de abril a VII edición do Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN celebra o 25 de abril a VII edición do Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial

S. P.
Publicado: 12/04/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

encontro_gain_deseno_cis.jpgA Consellería de Economía, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), celebra o vindeiro 25 de abril (a partir das 10.00 horas) a sétima edición do Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia. O evento, co que a Xunta conmemora o Día Internacional do Deseño, celebrarase no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) e está aberto a profesionais do deseño de todas as áreas de especialización (gráfico, estratéxico, de espazos, dixital, de moda e industrial e de produto), estudantes e representantes de empresas e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación, competitividade e sostibilidade nas súas organizacións.
Nesta edición GAIN porá o foco na relación entre o deseño, a tecnoloxía e o impacto económico. Desta maneira, “as persoas asistentes terán ocasión de coñecer a visión de profesionais de distintas disciplinas, dende o deseño gráfico e de produto dixital ata o deseño de servizos centrado na experiencia de usuario, que explicarán a súa interacción actual e futura coa tecnoloxía e como esta simbiose impacta no desenvolvemento económico”, sinala GAIN.
O encontro, que se celebra no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, terá como eixe central cinco intervencións:
–360 graos: unha visión integral para o desenvolvemento social e económico. Uqui Permui.
-Por que facemos o que facemos? Costa (Dani Bembibre e David Silvosa).
-A arte de divagar: pensar diferente para poder innovar. Carmen Bouza (Accenture Song).
-A importancia da relación cliente-tecnoloxía na nova contorna dixital. Rosa Seoane (Abanca).
-O deseño como gran catalizador. Javier Cañada (Visual MS).
O evento está aberto á inscrición principalmente par profesionais do deseño de todas as áreas de especialización (gráfico, estratéxico, de espazos, dixital, de moda e industrial e de produto); representantes de pemes e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación, competitividade e sustentabilidade nas súas organizacións; e estudantes de deseño e doutras disciplinas relacionadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?