Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago activa o luns o servizo é-Bici USC coa súa aplicación móbil correspondente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago activa o luns o servizo é-Bici USC coa súa aplicación móbil correspondente

S. P.
Publicado: 12/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_bici_usc.jpgEste luns 15 de abril empezará a funcionar en Santiago o servizo é-Bici USC, un programa piloto de préstamo de bicicletas eléctricas impulsado pola xerencia da Universidade de Santiago, en colaboración coa Concellaría de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais. O obxectivo é “mellorar a comunicación entre os campus, apostando por unha mobilidade máis limpa e uns modos de vida máis saudables”. O servizo virá acompañado dunha aplicación móbil de doado emprego.
Foi dada a coñecer pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, o reitor da USC, Antonio López, o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, o xerente da Universidade, Javier Ferreira, e o delegado do reitor para o Deporte, Javier Rico, que presentaron o proxecto nun acto que tivo lugar ao carón da Facultade de Ciencias da Comunicación.
A rexedora mostrou a súa satisfacción “por poder colaborar coa USC nun proxecto que aposta pola mobilidade sustentable e no que xa se leva traballando moito tempo, e que ademais está dirixido especialmente á poboación nova que xa está concienciada co problema do ambiente e coa necesidade de utilizar transportes alternativos”.
santiago_bici_usc_2.jpgO programa é-Bici USC bota a andar con vinte bicicletas, que estarán a disposición da comunidade universitaria desde as 8.00 ata as 20.30 horas. Haberá catro estacións de cadeado e carga, situadas na facultade de Filoloxía, a facultade de Odontoloxía, a biblioteca Concepción Arenal e o Aulario Novoa Santos, ao carón do Hospital Clínico. As persoas que queiran utilizar as bicicletas poden rexistrarse nunha aplicación, usc-mobile.discomon.eu/home, na que tamén se pode consultar cantas bicicletas hai dispoñibles en cada parada, informar de incidencias e consultar toda a información sobre o programa de préstamo. Tal e como explicou o reitor, “nos próximos meses testarase o funcionamento do sistema, a súa demanda real e as formas de uso das bicicletas, para logo adaptar o servizo á demanda real da comunidade universitaria”. A partir de aí, sinalou Antonio López, estudarase a posibilidade de ampliar o servizo, en colaboración co Concello.

O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, explicou que a colaboración do seu departamento coa USC neste proxecto consistiu no subministro de seis bicicletas, catro delas eléctricas, e na sinalización do percorrido prioritario para as usuarias. En concreto, realizáronse traballos de pintado para indicar a prioridade ciclista e os límites de velocidade de 20 e 30 quilómetros/hora, segundo a zona, e instaláronse tamén 30 sinais verticais de preferencia ciclista.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?