Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Teléfonica celebra o seu centenario traendo a Ferrán Adrià ao campus vigués
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Teléfonica celebra o seu centenario traendo a Ferrán Adrià ao campus vigués

S. P.
Publicado: 12/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ferran_adria_telefonica.jpgA compañía de telecomunicacións Telefónica está de aniversario, cen anos de existencia, para festexalo a Rede de Cátedras Telefónica está a celebrar unha serie de xornadas baixo o nome de Imaginémonos sin límites, unha proposta que está a levar ao cociñeiro Ferran Adrià por diferentes universidades no Estado. Así, o vindeiro 22 de abril o chef visitará o campus de Vigo, onde presentará a súa metodoloxía Sapiens.
Dicir que a xira inaugurouse a comezos deste mes na Universidad Francisco de Vitoria de Madrid e ata o mes de novembro, o cociñeiro e embaixador de Telefónica dende 2010 percorrerá nove institucións académicas e 15 cidades. A de Vigo, como unha das 25 universidades con Cátedra Telefónica, tamén contará coa súa presenza. O programa abrangue un acto de benvida, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ás 11 horas, que dará paso á conferencia de Adrià, titulada Imaginemos: 100 años de innovación, na que compartirá co alumnado a súa metodoloxía Sapiens, unha técnica centrada en conectar diversas respostas para comprender mellor e fomentar a innovación, captar a atención dos presentes e impulsar a importancia da innovación no eido.
Logo do relatorio, Ferran Adrià presentará ao alumando da UVigo o Challenge ElBulli846, un desafío que ten como obxectivo o estímulo, a difusión e o coñecemento da dita metodoloxía Sapiens para a súa aplicación en traballos fin de grao, mestrado e proxectos innovadores en materias de grao e mestrado oficiais. O alumnado da UVigo poderá poñerse a proba neste reto e as persoas gañadoras, dúas por cada cidade, recibirán como premio unha estadía de dous días en Cala Montjoi cun programa exclusivo de actividades xunto con Adrià e o equipo de elBulliFoundation.
Esta non é a primeira experiencia de Adrià no eido dos retos, xa que o cinco veces doutor honoris causa, é promotor de multitude de challenges relacionados coa innovación nas universidades e escolas de negocio máis recoñecidas do mundo, como Harvard, MediaLab do MIT, London Business, Columbia, etc. Ademais, tampouco será a súa primeira visita á Universidade de Vigo, onde xa estivo no ano 2010, como convidado e padriño dun acto de recoñecemento ás empresas organizado polo Consello Social.
Engadir que as persoas interesadas en asistir á xornada deben inscribirse vía web ao evento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?