Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC achega tecnoloxías para mellorar as respostas fronte a grandes desastres (proxecto ATEMPO)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC achega tecnoloxías para mellorar as respostas fronte a grandes desastres (proxecto ATEMPO)

S. P.
Publicado: 16/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citic_20240411_110801.jpgO CITIC, o Centro de Investigacións TIC da UDC, compartiu en Madrid a súa experiencia co traballo realizado en materia de Intelixencia Artificial no proxecto ATEMPO. No proxecto, que conta con socios de España e do Norte de Portugal, participa o CITIC como socio tecnolóxico, profundando na aplicación da IA nas emerxencias transfronteirizas.
A intervención, que se celebrou o xoves 11, foi presentada polas técnicos de proxectos internacionais Cristina Villar e Marta Trueba. Celebrouse no marco da I Xornada sobre Aplicación da Intelixencia Artificial na Xestión de Emerxencias da Escola Nacional de Protección Civil, organizada co fin de formar a responsables e técnicos en materia de análise, planificación e xestión das emerxencias co foco posto nos avances IA.
Na presentación explicáronse as características do proxecto ATEMPO, liderado pola Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e impulsado por diferentes institucións públicas de Portugal e Castela e León. Trátase dun ambicioso programa colaborativo de tratamento e xestión de emerxencias, que busca, grazas á actuación conxunta de administracións e centros de investigación, mellorar a resposta a grandes desastres naturais, como incendios ou inundacións como principais consecuencias do cambio climático.
O equipo da UDC está liderado desde o CITIC baixo a coordinación do seu director Manuel G. Penedo, sendo a súa misión principal contribuír á promoción do desenvolvemento tecnolóxico dos recursos existentes no centro de emerxencias 112 por medio da IA. En ATEMPO participan tamén investigadores do Campus Industrial de Ferrol, contribuíndo aos paquetes de traballo relacionadas co modelado de vehículos de asistencia e co desenvolvemento de protocolos de actuación.
En concreto, o labor do CITIC no proxecto ATEMPO céntrase no desenvolvemento de sistemas de predición de accidentes mediante técnicas de aprendizaxe profunda (Deep Learning) a partir das bases de datos dos socios e doutras fontes, como os servizos de meteoroloxía, a actividade económica de polígonos, as fontes demográficas ou a ordenación do territorio.
Inclúe ademais o desenvolvemento de algoritmos de análises de datos baseados en IA, en concreto ferramentas de predición na xestión de emerxencias e modelos avanzados de predición que poidan contribuír á toma de decisións e á correspondente dotación de recursos a través de sistemas de recomendación de dimensionamiento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?