Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A mocidade de Bacharelato do Colexio Peleteiro mergúllase na IA da man do CITIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A mocidade de Bacharelato do Colexio Peleteiro mergúllase na IA da man do CITIC

S. P.
Publicado: 17/04/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_peleteiro_charla-avance-y-desafios-de-la-ia-7-1-1024x683.jpgEsta mañá o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do Colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela) asistían ao Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) para coñecer o labor que alí se leva a cabo así como os Avances e desafíos da Intelixencia Artificial (IA).
Se falamos do CITIC, cómpre dicir que estamos perante un centro de investigación creado para achegar coñecemento científico e as súas capacidades á sociedade, recoñecido pola excelencia no coñecemento xerado no eido TIC e de transferencia tecnolóxica á sociedade, tal e como explicaba o seu director, Manuel Penedo, ao alumnado asistente ao encontro desta mañá. Asemade, o director tamén falou das áreas de investigación desenvolvidas no centro, así como dos principais proxectos activos, as infraestruturas singulares e do compromiso do CITIC coa sociedade a través do impulso de diversas iniciativas pioneiras como o programa Talentos Inclusivos.
citic_charla_peleteiro_penedo.jpgTamén estivo presente a investigadora do CITIC, Verónica Bolón, encargada de impartir a conferencia Avances e desafíos da IA, na que falou ao alumnado sobre como a Intelixencia Artificial está a transformar a sociedade e tamén dos desafíos éticos e de responsabilidade aos que nos enfrontamos como a redución do impacto ambiental das aplicacións informáticas e o seu uso para atopar solucións sostibles. Verónica Bolón é, ademais, a coordinadora na Coruña do programa Inspira STEAM, que ten como obxectivo fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre os estudantes, especialmente entre as nenas.
Para rematar, tivo lugar un pequeno coloquio, no que os alumnos e alumnas puideron expor as súas dúbidas á investigadora do CITIC e tamén unha entrevista por parte do club de prensa do Colexio Peleteiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?