Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Melide alcanza os 11.800 inmóbeis con fibra óptica de R
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Melide alcanza os 11.800 inmóbeis con fibra óptica de R

S. P.
Publicado: 17/04/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

melide_concello.jpgA operadora galega R fixo balance dos seus fitos recentes en materia de telecomunicacións avanzadas en Melide. Segundo fixo saber, o concello coruñés xa dispón de cobertura de fibra óptica ata o fogar (FTTH) en preto de 11.800 fogares e empresas* que, en palabras da operadora, “poden gozar dende este momento dos servizos máis avanzados de telecomunicacións coa tecnoloxía máis rápida do mercado”.
No balance indícase tamén que esta cifra de inmóbeis conectados á rede de R incrementouse en datas recentes en Melide e noutros concellos do territorio grazas ao acordo coa grosista tamén galega de fibra óptica Rede Aberta. Froito desta alianza máis de 1.400 fogares e empresas dos núcleos melidenses do Barreiro, Melide e Vitiriz sumáronse á infraestrutura de R, co que a poboación destas zonas tamén disporá de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 10 GB simétricos (subida e baixada), dunha cobertura óptima nos fogares (pois a fibra chega ata as súas vivendas) e dunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez. “Todo iso unido aos servizos de Wi-Fi 6 e TV con decodificador Android 4K sen custo adicional”, apunta R, explicando que se dotou aos fogares do territorio melidense da última tecnoloxía baseada no estándar XGS-PON, “preparada para o futuro, idónea para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming ou gaming, entre outras posibilidades”. Trátase, engade R, dun sistema que habilita eses accesos megarrápidos con catro veces máis capacidade de descarga do que a tecnoloxía actual e ata oito veces máis capacidade de suba.
O acordo de R con Rede Aberta permitirá cubrir aproximadamente 450.000 inmóbeis e levar a alta velocidade coa fibra máis rápida a máis recantos de Galicia en núcleos rurais duns 170 municipios do territorio.
Banda larga para todos os recunchos da nosa terra
operadora_galega_r_foguete.jpg A intención da operadora é “ampliar ao máximo a cobertura de banda larga en Galicia en todos os recunchos da nosa comunidade”. De feito, R e Rede Aberta comprometéronse a acadar que as aldeas do rural galego gocen dos servizos de R tal e como o fan as capitais de provincia do territorio: un paso máis na redución da fenda dixital entre os dous ámbitos.
Internet Rural de R para completar cobertura de alta velocidade en Melide
Nas zonas de Melide onde, por cuestións orográficas ou de dispersión da poboación, non chega a fibra óptica, existe a opción de Internet Rural de R con 5G (mambo Axiña) que lle permitirá a fogares e empresas destes lugares de difícil acceso dispor de alta velocidade de ata 150 Mbps con 5G e Wi-Fi 6.
A tecnoloxía 5G de Internet Rural de R apóiase, dunha banda, nun router que permite conseguir esas velocidades e, por outra, no sistema Wi-Fi 6 para facilitar, por exemplo, unha experiencia multidispositivo excelente conectando á vez distintos aparellos cunha latencia mínima, semellante á que terían cunha conexión de fibra ( latencia = tempo que tarda en cargar unha páxina, en enviarse un correo electrónico ou en executarse unha acción nun videoxogo online).
Segundo engade a operadora, “o servizo Internet Rural fai da nosa empresa, dende 2022, a primeira operadora que dota dunha solución 5G converxente fixo e móbil a clientes/as sen fibra en Galicia”. O obxectivo é “levar esta proposta á maior parte de inmóbeis espallados por zonas da comunidade de orografía complicada”.
A empresa lembra que a día de hoxe “o 90% da poboación galega dispón de cobertura 5G de R e está preparada para facer uso desta tecnoloxía avanzada de quinta xeración”. Así, un total de 224 concellos galegos, incluído Melide, dispoñen xa da solución Internet Rural de R, que lles permite aos seus habitantes navegar a altas velocidades como o poden facer en 1,7 millóns de fogares cubertos por R coa súa fibra óptica FTTH de última xeración.
25 anos
r_mundo_operadora_galega_galicia_5g_recuncho.jpg No balance, R recorda que leva 25 anos despregando fibra no territorio para dotar Galicia “das mellores infraestruturas de telecomunicacións e situala á vangarda europea e internacional, en condicións de competir coas rexións máis avanzadas do mundo a calquera nivel”.
Fibra óptica ou Internet Rural de R, opcións idóneas ante a fin do ADSL
Por último, tanto a opción da fibra óptica FTTH de R como a súa solución de Internet Rural son tamén alternativa para quen teñan en Melide unha conexión a Internet a través de par de cobre, “porque o tradicional ADSL deixará de funcionar por completo nuns días en Galicia”. R engade que a maior parte dos usuarios con ADSL en Galicia viven no rural, pois a dispersión xeográfica e a orografía favoreceron no seu momento a despregadura do par de cobre para chegar a moitos lugares investindo menos. “Con todo, o ADSL ficou obsoleto xa que ofrece menos largo de banda e sofre máis con meteoroloxía adversa”, sinala a empresa de telecomunicacións no seu balance.

(*) Aínda que R manifesta chegar a 11.800 inmobles en Melide, os datos do INE de 2011 recollen que o concello ten un total de 6.143 inmobles, polo que o dato semella incorrecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?