Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo acolle este luns un workshop de Ferran Adrià da man da Rede de Cátedras de Telefónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo acolle este luns un workshop de Ferran Adrià da man da Rede de Cátedras de Telefónica

S. P.
Publicado: 19/04/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ferran_adria-2.jpgA Rede de Cátedras de Telefónica súmase á celebración do centenario da compañía de telecomunicacións cunha iniciativa única protagonizada por Ferran Adrià, en palabras da Rede “un dos mellores chefs do mundo e embaixador de Telefónica desde 201”. O cociñeiro visitará a Universidade de Vigo este luns, 22 de abril, para pronunciar unha conferencia e levar a cabo un workshop con alumnos ao redor do seu desafío Challenge elBulli1846.
A primeira parte do evento arrincará á 11.00 h. no salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e contará coa presenza, ademais de Adrià, do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o director territorial norte de Telefónica, Manuel Ángel Alonso; o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; e o catedrático da Universidade de Vigo e director da Cátedra Telefónica do campus vigués, José Cidrás.
Trala inauguración da xornada, presentarase o desafío Challenge elBulli1846 e despois o soado chef pronunciará a conferencia titulada Imaxinémonos sen límites, coa que compartirá cos alumnos a súa metodoloxía Sapiens. Esta técnica capta a atención dos presentes e impulsa a importancia da innovación no ámbito académico.
A segunda parte da xornada terá lugar no salón de graos da facultade e permitirá aos estudantes da Universidade de Vigo coñecer o Challenge elBulli1846, un desafío que se propón nesta Xira Centenario Telefónica para estimular e difundir a metodoloxía Sapiens na comunidade universitaria, e que se pode aplicar en Traballos Fin de Grao, Traballos Fin de Máster e proxectos innovadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?