Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entregados os VI Premios Stephen Hawking, auspiciados pola investigadora do CITIC Amparo Alonso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entregados os VI Premios Stephen Hawking, auspiciados pola investigadora do CITIC Amparo Alonso

S. P.
Publicado: 19/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premio_stephen_hawking_05.jpgEste serán entregáronse no IES Rosalía de Castro de Santiago os Premios Stephen Hawking, sexta edición, destinados a reivindicar o talento investigador da nosa rapazada do bacharelato. O xurado do certame, que contou co patrocinio de FEIRACO, outorgou o primeiro premio, dotado con 1.500 €, a Daniela Montoto Pereira, Leyla Villar Abella e Anxo Vázquez Manzano, do IES Blanco Amor de Ourense, polo seu traballo Demostración e descubrimento automático de teoremas xeométricos mediante bases de Gröbner, coordinado por Carlos Ferreiro García.
premio_stephen_hawking_03.jpg O xurado estivo presidido pola catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC e investigadora do Centro de Investigación TIC (CITIC) Amparo Alonso.
Os galardóns foron entregados este venres 19 de abril no salón de actos do instituto compostelán, nun acto que incluíu unha conferencia da propia Amparo Alonso Betanzos e un cóctel con produtos de FEIRACO, no que participou a directora de Marketing e Comunicación de CLUN (FEIRACO), Jessica Rey.
O VI Premio Stephen Hawking de Xoves Investigadores, coordinado por Amparo Alonso Betanzos (Vigo, 1961), foi convocado polo IES Rosalía de Castro e conta coa colaboración da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, FEIRACO, FINSA e Tenreira Galega.
Premiados
premios_stephen_hawking-2.jpgO xurado concedeu catro segundos premios aos traballos: Estudo do crecemento e supervivencia de larvas cunha dieta de polipropileno, de Irene Lazzari Otero do IES Rosalía de Castro (coordinado por Sandra Vázquez Dorado); Simulación computacional da interacción da magainina con modelos simplificados de membranas bacterianas e de mamíferos sans, de Mikel Escobar Díaz, Álvaro Francos Martínez e Unai Peral Fernández do IES Brión (coordinado por Virginia Rodríguez Álvarez); Aproximación á determinación dun índice para a comparación da cantidade de ácido ascórbico e da pegada de carbono en zume de diferentes tipos de kiwis, de Antía Toinmil Estévez do IES Rosalía de Castro (coordinado por Jesús Fidalgo Fernández); e Estudo da presenza de microplásticos na costa valmiñorana, de Ariane Antequera González e Eva Leyenda de Arriba, o IES Val Miñor de Nigrán (coordinado por César Rodríguez López).
Así mesmo, concedeu dez terceiros premios a alumnado do IES Rosalía de Castro de Santiago (3), Do IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago (2), do IES Eusebio da Guarda da Coruña (2), do IES Ramiro de Maeztu de Madrid, do IES Castilla de Soria e do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
En total presentáronse este venres 54 traballos de estudantes de once institutos: nove galegos, un de Soria e outro de Madrid. Os traballos xiraban en torno a dous eixos: a figura de Amparo Alonso Betanzos e a súa contribución á Intelixencia Artificial; e a lenda desta edición: Intelixencias. A bioloxía e xeoloxía foron os eidos con meirande peso, pero tamén houbo representación en física e química, matemáticas, no ámbito tecnolóxico coa presenza da robótica, das ciencias sociais ou de índole artística.
Os centros que tomaron parte nestes VI Premios Stephen Hawking foron: IES Arcebispo Xelmírez II e IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), IES Brión (Brión, A Coruña), IES Eusebio da Guarda (A Coruña), IES Lucus Augusti e IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), IES Blanco Amor (Ourense), IES Xermán Ancochea Quevedo (Póboa de Trives, Ourense), IES Val Miñor (Nigrán, Pontevedra), IES Castilla (Soria) e IES Ramiro de Maeztu (Madrid).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?